IdeaGalicia Lab

Despois dun ano de alta intensidade electoral, o 2020 será  tamén ano electoral en Galicia e temos que poñer toda a organización orientada cara o cambio político que Galicia necesita.

Coa forza política do noso Partido e co impulso da militancia temos que traballar para concretar un proxecto de goberno que responda ás demandas da maioría. Abrimos agora varias vías para configurar o mellor proxecto. Por unha banda Xoaquín Fernández Leiceaga coordinará os documentos programáticos, e farémolo dunha forma participativa para que poidades remitir as vosas propostas. En parelelo queremos conectar o Partido coas mellores ideas e propostas da sociedade galega. Para iso configuramos ideaGalicia[lab], un laboratorio de ideas que nos conecte co coñecemento, reflexións e propostas da Galicia progresista.

Co ánimo de acadar entre todos e todas un cambio político en Galicia, agradezo a túa participación e compromiso e anímoche a participar coas túas propostas.

Gonzalo Caballero Míguez
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE

Formula a túa suxerencia ou idea

Nota: Os datos enviados dende este formulario utilazaranse única e exclusivamente para contactar co usuario se fose necesario. Non se utilizarán para ningún outro fin e en ningún caso serán compartidos con terceiros.

PARTICIPA