O secretario xeral critica o “cinismo” dun PP que rexeitou dereitos como ao divorcio, o aborto ou o matrimonio homosexual, aínda que “ben os utilizou” despois
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou a Casado a aproveitar o seu encontro hoxe con Feijóo para que ambos expliquen o rexeitamento do PP á Lei de eutanasia no Congreso.
Trala aprobación onte dun dereito fundamental a instancias do Grupo Socialista e cun amplo apoio parlamentario, Gonzalo Caballero censurou que o PP prefira seguir “na caverna con Vox” e non respaldar os avances sociais.
Sobre todo, como sinalou o líder do PSdeG, á vista do “cinismo” do PP, que sempre se opuxo a todo avance en dereitos aínda que despois “ben os utilizou”.
“O PP rexeitou o divorcio, o aborto, o matrimonio homosexual, e agora tamén o dereito á morte digna”, reprobou Gonzalo Caballero, quen lamentou que “o PP de Feijóo e Casado sigue instalado en posicións reaccionarias e obstrucionistas do futuro do país e do avance social”.
Gonzalo Caballero estivo onte no Congreso dos Deputados, o mesmo día en que se aprobou a nova lei, xunto coa voceira na materia, María Luisa Carcedo, e os deputados e deputadas socialistas de Galicia.