Categorías: Actualidade

Elena Espinosa lamenta a negativa do PP e a Xunta a garantir un servizo de comedor digno aos nenos e nenas do CEIP Altamira de Salceda de Caselas

Advirte que levan 7 anos comendo en casetas de obra

 

A viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa, esixiulle á Consellería de Educación que garanta un servizo de comedor digno para os nenos e nenas do CEIP Altamira, en Salceda de Caselas, que levan 7 anos comendo nunhas casetas de obra instaladas en 2018 pola falta de espazo no centro. Espinosa presentou esta demanda na Comisión de Economía do Parlamento, que o PP rexeitou.

 

A responsable socialista considera “inxustificable” que o PP rexeitara esta “reivindicación xusta” para os nenos e nenas, que levan xa 7 anos soportando o que era unha “solución provisional”  tendo que comer nunhas instalacións que nun primeiro momento non tiñan auga corrente, electricidade, baños nin equipo de climatización, e que por suposto tampouco cumprían coa Lei de accesibilidade.

 

Reclamoulle ao goberno galego que habilite unhas novas instalacións de comedor, e desta forma “desterrar os actuais contedores nos que se presta o servizo”. Lembra que o Colexio vén prestando o servizo de comedor dende o ano 2010, cando empezou con 50 nenos e nenas do propio CEIP e do Colexio Rural Agrupado Raíña Aragonta, cando xa se quedaba pequeno, polo que o goberno galego instalou as casetas en 2018, pero dende aquel momento non melloraron en nada.

 

Espinosa reivindicou uns servizos complementarios de calidade que permitan atender ás necesidades mínimas da poboación, neste caso no servizo de comedor escolar, que constitúe unha extensión do proxecto educativo que contribúe a desenvolver hábitos de alimentación sans e resulta imprescindible para a conciliación das súas familias.

 

Espinosa reclama unhas infraestruturas acaídas para este servizo complementario na localidade que máis medra de Pontevedra e que está a demostrar o seu pulo demográfico medrando un 37,6 por cento durante o século XX e a primeira década do XXI, ata chegar aos 9.450 habitantes o ano pasado, o 20,2 por cento deles menores de 18 anos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro pídelle ao Goberno un novo impulso para que o nó de transición xusta das Pontes permita crear empresas canto antes

O secretario xeral do PSdeG celebrou o “paso decisivo” tras o si do Congreso ao…

13/04/2026
  • Actualidade

O ciclo cultural do PSdeG, Desde-A-Marxe, deulle voz en Serantes -Ferrol- a proxectos relacionados coa ilustración e a moda

Silvia Longueira destacou que o programa que o Partido Socialista está a levar por toda…

11/04/2026
  • Actualidade

Méndez: “O PP de Rueda usa o DEA para o único que sabe facer: Dicirlle non á xente e si aos de sempre”

O Partido Popular tombou onte con rodillo parlamentario 38 das 40 resolucións presentadas polo Grupo…

11/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de “cambiar unha Galicia de dereitos por unha Galicia de caridade”

Lara Méndez sinala que levan “17 anos destruíndo o futuro” e levando “a números vermellos”…

10/04/2026
  • Actualidade

O PP comprometíase cos socialistas a elixir con equidade a dirección do CGAC ao mesmo tempo que a Xunta abría un proceso de selección a dedo

Os populares aceptaron unha proposta do PSdeG no marco do Debate do Estado da Autonomía…

10/04/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro propón a coparticipación de Galicia na xestión aeroportuaria e intervención inmediata na vivenda: “Galicia necesita un Goberno que actúe xa”

O PSdeG leva ao DEA 40 Propostas de Resolución para que Galicia teña voz na…

09/04/2026