lembra que o Concello tivo que acondicionar ata o momento 10 patios os centros educativos de Vigo porque a Xunta “non achegou nin un euro”
A viceportavoz primeira do Grupo Socialista, Elena Espinosa, esixiulle hoxe á Xunta que atenda aos pais e nais do CEIP Cháns de Bembrive, que están a reclamarlle ao conselleiro de Educación que cambie as cubertas de amianto do centro e repare as filtracións de auga. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Educación do Parlamento na que lle pediu ao goberno galego que acondicione os patios dos centros educativos de Vigo.
A responsable socialista lembrou que é á Xunta a quen lle corresponde acometer estas obras, pero segue sen achegar “nin un só euro” dende 2009, polo que foi o Concello o que tivo que actuar en 10 patios cubertos de outros tantos centros educativos da cidade. Subliñou que “teñen competencias en educación e teñen que exercelas” no canto de, criticou, estar co “chora, chora, chora do goberno de España”.
Explicou que o Concello dirixiuse ao goberno autonómico en 2009 cun informe sobre a situación dos centros educativos ofrecéndose a cofinanciar as actuacións, pero a Xunta “dixo non”. Desta forma obrigaron ao goberno local a iniciar as obras nos patios cubertos en 2014 diante da situación insostible, ademais de dedicar 3,6 millóns de euros anuais para limpeza e mantemento.
Elena Espinosa criticou que o goberno galego está mesmo a incumprir co Plan de Arquitectura Pedagóxica, que no ano 2021 recoñecía a necesidade dos patios cubertos, pero en pleno ano 2025 seguen sen realizar ningunha actuación, a pesares de que Galicia “recibiu máis diñeiro que nunca do goberno de Pedro Sánchez.