Categorías: Actualidade

Elena Espinosa denuncia que o goberno galego incumpre os obxectivos de camas, quirófanos, ingresos e intervencións do Plan funcional do Hospital de Vigo

Advirte que o responsable da construción da infraestrutura confirma na Comisión de Investigación que os servizos complementarios non coinciden cos previstos no estudo de viabilidade

 

A viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa, sinalou hoxe que o goberno galego provocou o incumprimento do Plan Funcional  do Hospital de Vigo ao cambiar o proxecto orixinal. Así o dixo na comparecencia do xerente da Área Sanitaria na Comisión de Investigación do Parlamento, na que responsabilizou a Feijóo e Rueda de cambiar o proxecto orixinal e incumprir tódolos ratios previstos a pesares de provocar un sobre custe de 470 millóns de euros.

 

Espinosa resumiu que ao reducir o novo hospital provocaron que fora incapaz de asumir a totalidade da poboación, garantir tódolos servizos de referencia ara atender ao sur de Galicia e reducir o peso relativo da privada. A tamén portavoz de Sanidade sinalou como exemplo que as 2.000 camas previstas quedaron en tan só 1.321 entre o Álvaro Cunqueiro, o Meixoeiro e o Nicolás Peña, mentres deixaron os quirófanos en 36.

 

Sinalou que tampouco acadaron o obxectivo de 38.300 intervencións cirúrxicas, 49.600 ingresos previstos, e tampouco é referencia en cirurxía maxilofacial nin de queimados, e todo iso a pesares de ter provocado un sobrecuste de 470 millóns de euros a favor dun fondo de investimento, tal e como certificou o Consello de Contas.

 

Servizos complementarios

 

Na xornada de hoxe tamén compareceu o director do Proxecto Novo Hospital de Vigo, que confirmou que os servizos complementarios previstos no estudo de viabilidade non coinciden cos que foron finalmente obxecto da concesión, como tamén sinalaba o informe do Consello de Contas. Espinosa lembrou que segundo o ente fiscalizador houbo modificacións sen xustificar no proxecto e nos prazos.

 

O mesmo sucede cos prazos, que inicialmente era de 3 anos para a construción e outros 17 de explotación, pero finalmente foron asinados para un período de 3 anos de construción pero 20 anos máis de explotación.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Lara Méndez: “Se o PP fose coherente, a súa ponencia titularñiase “programa para desmantelar dereitos e sementar odio”

A secretaria de Organización do PSdeG denunciou que o PP “quere borrar o galego”, pretendendo…

03/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza ao PP a actualizar as normas da Comisión do Consello de Contas para incrementar os debates e adiantar o Plan de Traballo do ente fiscalizador

Elena Espinosa reclama fiscalizar un informe sobre as subvencións “a dedo” concedidas polo PP dende…

03/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que asuma “cando menos” un terzo do financiamento da nova Edar de Barreiros, como tiña comprometido en 2010

Lara Méndez responsabiliza ao goberno galego de “despilfarrar fondos” ao paralizar o proxecto durante 15…

03/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que Augas de Gaicia opera “de forma descoordinada, sen planificación estratéxica clara e sen transparencia”

Paloma Castro alerta da xestión ineficiente e opaca do canon da auga e reclama un…

03/07/2025
  • Actualidade

Nicolás González Casares acusa a Rueda de incumprir co seu comrpomiso de convocar aos representantes galegos nas súas visitas a Bruxelas

O eurodeputado socialista galego sinala que “Galicia precisa dun presidente que una ás forzas políticas…

02/07/2025
  • Actualidade

Paloma Castro esíxelle á Xunta que poña en marcha o novo sistema de xestión da xustiza en lingua galega “dende o día 1”

lembra que o PP nunca implantou o galego no anterior sistema nos seus preto de…

02/07/2025