Acusa ao goberno galego de responder con “alarmismo e victimismo” á mellora de tempos de viaxes e máis prazas e unha “aposta real” polo Corredor Atlántico por parte do Estado
O portavoz de Transporte do Grupo Socialista, Carlos López Font, acusou hoxe á Xunta de minimizar as deficiencias propias no transporte de bus, que é competencia exclusiva súa, mentres critica o reforzo histórico por parte do Estado nas conexións por ferrocarril con Galicia. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Presidencia hoxe no Pleno do Parlamento.
López Font acusou ao goberno galego de agochar o crisol de deficiencias no transporte por estrada baixo unha estratexia de “triunfalismo, falla de transparencia e grandes cifras”. Criticou que non respondan diante dos “moitos e habituais retrasos, incumprimentos e cancelacións” que teñen sumido á cidadanía na resignación.
Lembrou os problemas en liñas de toda Galicia, con especial incidencia na conexión co Hospital Álvaro Cunqueiro, a área do Morrazo, , os problemas habituais na liña A Coruña – Ferrol – Pontedeume – Betanzos, a perda de frecuencias, liñas e prazas en Ferrol, así como no Val Miñor, Pontevedra ou a conexión entre Marín e a capital da provincial.
O responsable socialista Subliñou a responsabilidade do goberno na falla de prazas, obrigando aos usuarios e usuarias a viaxar de pé en traxectos interurbanos, as condicións inaxeitadas para as persoas con discapacidade.
Criticou que o goberno galego trate de agochar esta situación desastrosa provocada pola súa xestión en materia de transporte e siga buscando a confrontación a calquera prezo co goberno central. Censurou o cinismo político amosado polo goberno galego, para quen “as incidencias son normais cando lles toca a vostedes” pero buscan o “alarmismo e vitimismo” na xestión dos ferrocarriles que lle corresponden ao Estado.
Reclamoulle á Xunta que “abandonen a confrontación” e dean paso á xestión directa, á colaboración co Estado e á lealdade na “necesaria colaboración institucional”. Sinalou que as críticas da Xunta ao ferrocarril sitúanse na mesma estratexia de confrontación pola que renuncian á condonación da débeda, rexeitan 7.000 millóns para vivenda porque “intentan ser o discípulo máis avantaxado na estratexia de confrontación de Feijóo malia que vaia contra dos galegos e galegas.
Lembrou que a aposta do goberno galego polo transporte por ferrocarril en Galicia mídese no incremento de viaxes Galicia – Madrid posta en marcha onte mesmo, o incremento de trens da serie 106, con mellora nos tempos de viaxe, incremento de prazas e maior disposición de billetes con prezos axustados, así como nos 82.000 abonos gratuítos concedidos en só 4 meses do ano pasado.
Acusou ao goberno galego de intentar agochar a “aposta real” polo corredor Atlántico por parte do Estado, que está a priorizar “investimentos millonarios” na conexión ferroviaria en Galicia, con 22,3 millóns para a nova estación de Lugo, que estará conectada coa alta velocidade a través de Ourense. Sinalou a modernización da liña Ourense – Lugo, a mellora da conexión con Ferrol, ou o estudo para implantar cercanías en Galicia, que estará rematado este mesmo ano.
Lembrou finalmente a política de abonos que implantarán a partir do 1 de xullo, mantendo o apoio do 20 por cento a autonomías e concellos, a bonificación do billete para mozos e mozas e a tarifa planta de 20 euros mensuais para media distancia.