

O líder do PSdeG, que puxo en valor o potencial da comarca gracias a administracións socialistas, reclamou tamén á Xunta que retome o proxecto do acceso do Porto de Vilagarcia por Meis na confluencia coa AP-9
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, destacou este venres en Caldas de Reis a importancia de apostar polo futuro parque empresarial de Paradela-Carracedo e pola construción de vivenda pública como piares para o desenvolvemento económico e social da comarca.
Besteiro salientou que o novo polígono, promovido pola Zona Franca de Vigo e apoiado polo Goberno de España, representa “unha oportunidade clave para atraer investimento e crear emprego cualificado na zona”. Subliñou ademais que “quen está a investir e a traballar polo futuro de Caldas é o Partido Socialista, comprometido co impulso industrial e co equilibrio territorial de Galicia”.
O líder socialista incidiu tamén na necesidade de reactivar a política de vivenda pública, lembrando que Caldas foi pioneira hai vinte anos na promoción municipal. “Levan máis de 16 anos sen facer nada desde a Xunta de Galicia. E se non arriman o ombro, terá que volver facelo o Concello?”, advertiu. Neste sentido, anunciou que o PSdeG presentará emendas aos orzamentos da Xunta de 2026 para incrementar o apoio á vivenda pública, ás industrias e ás infraestruturas viarias.
Besteiro, que puxo en valor o potencial da comarca gracias a administracións socialistas, reclamou tamén á Xunta que retome o proxecto do Porto de Vilagarcia por Meis. Previamente reuniuse coa plataforma da variante da N-630 e apoiou a súa reivindicación de reformular o proxecto.
A visita incluíu tamén unha parada na empresa Foresa, á que Besteiro cualificou de “punteira e innovadora”, exemplo da capacidade da industria galega en materia de economía circular, desenvolvemento tecnolóxico e sustentabilidade.