Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro esíxelle a Rueda que escoite a “mensaxe clara” dos galegos e das galegas: “Hai que protexer a nosa lingua, porque en ela non hai país”

O secretario xeral do PSdeG encabezou hoxe en Santiago a representación socialista na manifestación de Queremos Galego, un acto que insistiu que “non é contra ninguén”, e asegurou: “Non temos futuro se non defendemos o noso idioma”

O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu hoxe en Santiago a importancia de “protexer, preservar e potenciar o galego”. Momentos antes de que a manifestación da plataforma Queremos Galego botase a andar desde a Alameda compostelá, o líder socialista asegurou: “Non temos futuro como país se non defendemos o noso idioma”.

Besteiro insistiu en que a mobilización da sociedade galega “non é contra niguén, senón a favor da lingua, e, sobre todo, é unha mensaxe clara” á Administración que ten a competencia nesa materia, “e especialmente ao PP”. Por ese motivo invitou a Rueda “a escoitar o que os galegos e as galegas dicimos hoxe, que hai que protexer o noso idioma”. Ao mesmo tempo, invitou a toda a cidadanía a “facelo no día a día”, non só en ocasións como a marcha deste mediodía na capital de Galicia.

O secretario xeral do PSdeG lamentou durante o percorrido ata a praza do Obradoiro que representantes do Partido Popular, como Elena Candia, tratasen de ridiculizar unha convocatoria que o único que pretendía reivindicar é que a lingua galega “ten que ocupar o lugar que lle corresponde, co apoio real das institucións”. “Non se lle pode dar as costas á xente como fixo o conselleiro de Sanidade cando máis de 62.000 persoas saíron ás rúas de Vigo a defender a sanidade pública”, dixo.

José Ramón Gómez Besteiro rexeitou tamén que a lingua se use como ferramenta de confrontación, xa que “é de todos e de todas, é un dereito, e sen ela non hai país”, polo que reafirmou o compromiso dos  e das socialistas de defendéndoa “con orgullo e sen medo”. 

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG celebra en Ferrol a lingua e chama á Xunta a defendela: “Hai que apostar polo galego de verdade, e iso vese nas contas”

O secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, compartiu con militantes e simpatizantes a primeira Foliada…

17/05/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reclámalle a Rueda que manteña vivo o espíritu crítico de Begoña Caamaño cuns medios públicos independentes

O secretario xeral do PSdeG participou no acto da Real Academia Galega polo Día das…

17/05/2026
  • Actualidade

Besteiro: “Xa non hai escusas para que Alcoa non inicie a construción do forno de cocción de ánodos”

Asegurou, despois de que hoxe se reunise a comisión de seguimento do acordo de viabilidade…

15/05/2026
  • Actualidade

González Casares esíxelle á Xunta “un proceso claro de participación pública e diálogo” cos afectados pola planta de biogás de Soandres -A Laracha-

O europarlamentario galego mantén un encontro coa Plataforma de veciños e veciñas contrarios ao proxecto…

15/05/2026
  • Actualidade

O Goberno galego leva dous anos consecutivos desviando 100 millóns de euros dos orzamentos do Plan Galego de Investigación

Aitor Bouza acusa ao PP de facer “enxeñería fiscal” co orzamento que precisan os investigadores…

15/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG reclama ampliar categorías profesionais na Atención Primaria, multiplicar a plantilla e modernizar un sistema “de hai 30 anos”

Julio Torrado sostén que ao titular da carteira se lle está poñendo “cara de Florentino…

15/05/2026