Os secretarios xerais colgaron a bandeira LGTBI na sede socialista con motivo do Día do Orgullo, o vindeiro sábado
Os secretarios xerais do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval, colgaron hoxe na sede nacional do partido a bandeira LGTBI con motivo da celebración, o vindeiro sábado, do Día do Orgullo.
No acto tamén se celebraron os 20 anos da aprobación da Lei de Matrimonio Igualitario, que se cumpren este mes. A medida, que impulsou o primeiro Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero, entrou en vigor o 3 de xullo de 2005. Os socialistas luciron para a ocasión camisetas conmemorativas coa imaxe de Pedro Zerolo, secretario de Movementos Sociais do PSOE desde 2004 ata o seu falecemento en 2015, e gran impulsor da Lei de Matrimonio Igualitario.