

A senadora do PSdeG aféalle ao goberno galego que pida máis recursos cando están a derivar aos concellos a xestión do Servizo de Axuda no Fogar
A senadora do PSdeG Carmela Silva considera “un escándalo” a intervención da conselleira de Política Social na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas na Cámara Alta, onde se dedicou a criticar ao goberno central esquecendo que Galicia é a Autonomía co maior déficit de prazas residenciais públicas do Estado.
Silva afeoulle á conselleira que “esquecera” os recortes dos gobernos de Rajoy ao sistema de Dependencia, cando entregaba a Galicia 66 millóns de euros fronte aos 221 que transfire o goberno de Pedro Sánchez. Criticou que mire para a xestión do goberno socialista cando a xestión do PP en Galicia limítase a privatizar o sistema en beneficio das empresas e derivar o Servizo de Axuda no Fogar aos concellos “xerando grandes déficits” nas arcas locais cando é competencia da Xunta.
Advertiu que hoxe “quedou certamente claro que o PP é o partido dos recortes, que non cree nos servizos públicos, que non cree nos sistemas de Dependencia e que xestiona mal”, unicamente preocupados de “recortar impostos a quen máis ten”.