Plan de Restauración inmediato para as Fragas do Eume
Os socialistas reclamaron hoxe a posta en marcha dun Plan de Restauración Medioambiental para a recuperación das Fragas do Eume. As portavoces de Medio Ambiente e do Medio Rural do Grupo Socialista, Carmen Gallego e Sonia Verdes, criticaron a “falla de prevención” e os recortes nas medidas de loita contra o lume de Feijóo, que converteron un incendio nunha “traxedia medioambiental”. Gallego esixiulle hoxe á Xunta que active “de inmediato tódolos medios necesarios”... Ler máis
Pachi Vázquez: «Feijóo debe poñer en marcha o cen por cen dos recursos contra o lume»
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que poña en marcha “o cen por cen” dos recursos humanos e materiais posibles para a loita contra o lume. Así o dixo nunha visita ao incendio que afecta ás Fragas do Eume, na que mantivo un encontro co alcalde de A Capela, Manuel Meizoso, co quen fixo un percorrido pola zona afectada polo lume. O líder dos socialista galegos reclamou “medidas excepcionais” diante da situación... Ler máis
Condolencias á familia e compañeiros do brigadista falecido en Castrelo do Val
A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, trasladou hoxe as súas condolencias á familia e compañeiros do brigadista falecido mentres desempeñaba as labores de extinción dun incendio en Castrelo do Val. A portavoz de Agricultura traslada así en nome do PSdeG o pesar e valorou o traballo dos brigadistas na súa loita diaria contra esta lacra que ameaza a seguridade e os bens materiais e persoais de todos os galegos e galegas. Read More
O PSOE pide ao Goberno que fomente a prevención e extinción de incendios pola seca metereolóxica
A deputada socialista ourensana Laura Seara rexistrou no Congreso unha pregunta oral ao Ministro Arias Cañete coa que solicita que, «tendo en conta as inusuais temperaturas e a seca á que nos enfrontamos este ano, é necesario reforzar as medidas de prevención e de extinción dos incendios forestais en Galicia, particularmente na provincia máis afectada ano tras ano, Ourense,» Seara recorda que «os últimos días de febreiro foron especialmente duros para o monte na provincia... Ler máis
Verdes denuncia o incumprimento do compromiso de manter aos Grumir estables nos concellos
A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu no Pleno para reclamar explicacións sobre o compromiso do goberno de Feijoo coa Fegamp, para o mantemento dos Grumir estables nos concellos que interveñen e participan na extinción de incendios forestais. Alí acusou ao Conselleiro de Presidencia de “mentir” sobre o suposto compromiso da Xunta, xa que denuncia que a Consellería de Medio Rural non asinou o convenio para os Grumir estables... Ler máis
O PP rexeita impulsar un acordo cos axentes do sector forestal para reorientar as políticas de prevención de lumes
A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu no Pleno do Parlamento, para defender unha moción, na que reclamou que se retomen as políticas de ordenación e xestión forestal, en colaboración co sector forestal, para acadar a valoración do monte e contribuír á xeración de emprego. A proposta foi rexeitada polo PP. Verdes afirma que é preciso poñer en marcha medidas para evitar a erosión e as escorrentías en Galicia, logo das primeiras... Ler máis
O PP rexeita unha iniciativa para acometer un plan urxente de restaruración ambiental das zonas afectadas polos incendios
A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu na Comisión 7ª do Parlamento, mediante unha Proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo acometer de maneira urxente un Plan de Restauración Ambiental das zonas afectadas polos incendios forestais, en colaboración cos concellos, con medidas e accións efectivas para loitar contra os procesos erosivos inminentes e de recuperación e rexeneración dos hábitats afectados unha vez sexa... Ler máis
Verdes: «O único dispositivo da Xunta contra os lumes en Galicia foi o San Pancracio e a choiva”
A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe no Pleno do Parlamento, para interpelar ao Goberno de Feijoo sobre os lumes rexistrados en Galicia durante a campaña de prevención e defensa contra os incendios forestais do ano 2011. Alí dixo que o dispositivo do Goberno de Feijoo contra os lumes “foi o San Pancracio, é dicir a choiva”. A portavoz socialista afirma que Galicia sufriu nestes días unha catástrofe sen precedentes, e... Ler máis
Concentración en defensa do Macizo Central e da recuperación das zonas afectadas polos lumes
Os socialistas galegos sumáronse á concentración que tivo lugar en Trives en defensa do Macizo Central e para a recuperación das zonas afectadas pola vaga de lumes dos pasados días . Nela particparon o secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, os candidatos ás Cortes Xerais, Laura Seara e Miguel Fidalgo, a secretaria de Organización provincial e deputada, María Quintas, a deputada María del Carmen Acuña, o secretario comarcal Miguel Solla, e os portavoces... Ler máis
Cortizo advirte a Feijóo que “non se pode recorrer á histeria, á delincuencia e a mil desculpas mais” ante os lumes
O ex delegado do Goberno en Galicia e coordinador do gabinete de seguimento e impacto dos lumes do PSdeG, Miguel Cortizo, advertiu hoxe a Feijóo que “non é serio recorrer á histeria, á delincuencia e a mil desculpas máis ante os lumes”. Así o dixo logo da primeira reunión deste gabinete de crise constituído polo PSdeG para o seguimento e avaliación do impacto dos lumes que está a sufrir Galicia. Na xuntanza participaron a secretaria de Medio Ambiente do PSdeG,... Ler máis








