Igualdade laboral de homes e mulleres para "quebrar o teito de cristal e facer que o solo de lama desapareza"

Igualdade laboral de homes e mulleres para "quebrar o teito de cristal e facer que o solo de lama desapareza"

Igualdade laboral de homes e mulleres para “quebrar o teito de cristal e facer que o solo de lama desapareza”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe a Feijóo que “quebre o teito de cristal, faga que o solo de lama desapareza e así poderemos avanzar máis rápido cara á igualdade de xénero”. Así o dixo na sesión de control ao presidente, na que lle reclamou sen éxito que desautorizada a Tellado cando dixo que “a folga feminista é do máis machista” e a Rajoy cando avogou que que “non nos metamos niso” ao falar da igualdade laboral.

Leiceaga trasladou a “sorpresa e preocupación” dos socialistas galegos diante destas declaracións que, dixo, “trátase dun problema simbólico, pero tamén dun problema de vontades e políticas”. Sinalou que “as súas políticas de igualdade non teñen os recursos suficientes –logo de reducir un 60 por cento os orzamentos da Secretaría Xeral de Igualdade-, outras non hai vontade e outras non teñen perspectiva de xénero suficiente”.

Reclamoulle así ao presidente da Xunta que poña en marcha un Plan de transformación da contratación temporal en indefinida no sector público, xa que, lembrou, hai catro mulleres a tempo parcial por cada home. Reclamou ademais intensificar a loita contra unha fenda salarial que se replica “en tódolos tramos de salario e idade”.

Advertiu que as diferenzas salariais resultan especialmente graves nos salarios máis baixos, nos que as mulleres terían que aumentar un 92 por cento para equipararse aos homes.

Sinaloulle a Feijóo que “se trata dun problema simbólico” de declaracións “do seu partido”, que ademais ten un goberno “non paritario”, pero “tamén é un problema de vontades e de políticas”. Explicou que “a igualdade vai chegar, pero a súa decisión pode facer que o avance cara á igualdade sexa máis rápido ou máis lento”.

Propostas

O responsable socialista reclamou unha serie de medidas para mellorar a conciliación e o retorno ao emprego logo da maternidade. Así, propuxo permiso de paternidade e maternidade iguais e non transferibles entre homes e mulleres e un programa de incentivos específicos para o retorno ao emprego despois da maternidade que permita “equiparar carreiras e oportunidades”.

Advertiu que hoxe “hai menos emprego feminino segundo a EPA, unha parcialidade voluntaria excesiva, unha temporalidade moi alta, unha marcada fenda salarial, e unha diferenza moi notable no acceso á prestación de desemprego e á pensión media”.

Instou a Feijóo a acelerar o impulso á igualdade laboral nas empresas públicas para abrir camiño á equiparación no sector privado. Advertiu de que en Galicia “non hai plans de igualdade nas empresas públicas a pesares de que é unha obriga legal”, só o 27,7 por cento das directivas son mulleres no sector privado e están “infrarrepresentadas” nas directivas das sociedades e entes autonómicos, a pesares de que sexan o 70 das plantillas.

Ademais sinalou que hoxe en Galicia practícanse menos do 10 por cento das interrupcións voluntarias de embarazo das que demandan as mulleres, porque o Sergas “pon demasiadas trabas” e obriga a “marchar a Madrid” a buscar centros concertados para exercer este dereito.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar