Gonzalo Caballero aplaude que se recoñeza a loita de Touriño a prol dos traballadores e os avances sociais fronte aos "recortes" da dereita

Gonzalo Caballero aplaude que se recoñeza a loita de Touriño a prol dos traballadores e os avances sociais fronte aos "recortes" da dereita

Gonzalo Caballero aplaude que se recoñeza a loita de Touriño a prol dos traballadores e os avances sociais fronte aos “recortes” da dereita

Emilio Pérez Touriño recibe o galardón da Fundación 10 de Marzo como “unha apelación a construír un futuro mellor, pensando na xente que ten dereito a un futuro mellor”

 

Ferrol, 10 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe en Ferrol á entrega de premios da Fundación 10 de Marzo, que recoñece a traxectoria e o compromiso de Emilio Pérez Touriño, Olga Zurrón e Emilio Ledo.

 

No caso do expresidente socialista da Xunta, o líder do PSdeG aplaudiu que se distinga “o traballo de quen deixou en Galicia os maiores avances sociais e en defensa da clase traballadora e das liberdades”.

 

“É unha satisfacción, que nos enche de orgullo”, salientou Gonzalo Caballero, quen situou ao exmandatario como un “referente” para todos os socialistas.

 

Máxime, como evidenciou o secretario xeral do PSdeG, nun momento no que en Galicia e en España estamos “sufrindo recortes” nos distintos servizos públicos, entre os que destacou a sanidade e as pensións.

 

Do mesmo xeito, recordou que no noso país persisten “graves problemas de desemprego” e que os traballadores perciben aínda “niveis salariais moi por debaixo do que esixe un emprego de calidade”.

 

“CONSTRUÍR UN FUTURO MELLOR”

 

Pola súa banda, o expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño valorou o recoñecemento procedente de Comisións Obreiras e da Fundación 10 de Marzo co “compromiso a favor da democracia e as liberdades”.

 

Iso si, subliñou que non concibe a distinción como “unha apelación ao pasado”, senón máis ben como “unha reivindicación” da importancia de defender “os dereitos e liberdades” e que actualmente se están vendo “afectados” polas políticas da dereita.

 

“É unha apelación a construír un futuro mellor, pensando na xente que non ten un traballo digno e que ten dereito a unha vida mellor”, resolveu Emilio Pérez Touriño.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar