A parlamentaria do Grupo Socialista Teresa Porritt foi nomeada hoxe presidenta da Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento de Galicia, un posto que quedara vacante dende a renuncia ao escano do anterior presidente, o tamén socialista Abel Losada. A parlamentaria socialista tomou posesión do seu escano no Parlamento o pasado 31 de xullo en substitución do deputado coruñés Juan Díaz Villoslada.