O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, denunciou hoxe a situación de impasse do deporte galego polos cambios continuos á fronte da Secretaría de Deportes. Así o dixo hoxe na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior na que pedía ao Director xeral para o deporte unha mellora das políticas de Deporte da Xunta e reivindicou prazos para as medidas anunciadas.
O representante socialista esixiulle ao goberno galego que concrete as datas para levar adiante o acordo en materia de infraestruturas do 6 de febreiro, así como o acordo referente aos custes das subvencións a federacións, anunciado fai case un ano.
Villoslada configura as esixencias ao goberno en catro ámbitos: en materia de violencia no deporte, en materia de igualdade, en planificación de infraestruturas e en materia de orzamento e de incentivos ás federacións
O portavoz do partido socialista alude aos actos violentos no deporte infantil detectados nas últimas semanas en Galicia. Menciona que estes actos deben ser criminalizados e castigados, e indica que “criminalizar a violencia no deporte non é expandir a mancha” senón que fai referencia a que calquera tipo de violencia debe ser castigada como parte da educación presente no deporte
En materia de igualdade, destaca que “non se pode falar de igualdade cando na Federación Galega de Fútbol tan só 1 dos 15 membros é unha muller” unha entidade renovada pero non actualizada os termos de igualdade, e aludiu ás cláusulas “antiembarazo” para as deportistas e que foron denunciadas pola asociación de Mulleres Deportistas de Galicia –Mudega-.
En canto ás infraestruturas, o representante do Grupo Socialista advertiu que “se tras 7 anos don plan de infraestruturas aínda se esta na fase de censo”, o plan “non ten un futuro próximo necesario para a elaboración de orzamentos planificados”.
Critica o conformismo do goberno galego cos orzamentos para deportes, e reivindica recuperar os datos de orzamentos precedentes a crisis, posto que as “políticas deportivas están no vagón de cola”, e dicir, déixanse nun segundo plano os deportes vendo como si se recuperan estes orzamentos en outras materias.
O portavoz do partido socialista mencionou que hai “tres factores ou eixos básicos no deporte como son educación en valores, saúde e economía importantes para a sociedade”. Salienta así a importancia do deporte para que unha sociedade avance e é por iso que non se conforma con conseguir chegar a acordos senón que exixe que estes se cumpran.