A Comisión de Educación do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade a proposta socialista para pedirlle á Consellería de Educación que remita un informe da actuación dos comités provinciais creados para o seguimento das posibles situacións de absentismo derivado da covid – 19 nos centos educativos. O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, presentou esta iniciativa coa que criticou uns órganos “innecesarios e incoherentes” coa normativa autonómica.
Álvarez explicou que a Orde de 13 de novembro, publicada no DOG do 20 de novembro, para constituír estas comisións en realidade demostráronse como unha “figura innecesaria”, tal e como constatarían máis tarde o informe da Avogacía do Estado, como o Valedora do Pobo e finalmente o protocolo educativo para prevención e control do absentismo escolar.
Sinala que a introdución dos comités viñeron “dilatar a adopción de solucións” ao “encargarlle ao Comité Educativo a creación de comités, provinciais para analizar unha situación que require unha resposta inmediata e que se pode dar cunhas instrucións clara aos centros que garantan un tratamento uniforme dos casos”. Sinalou que o actual protocolo educativo “ten flexibilidade suficiente para a súa aplicación” sen ter que remitirse aos Comités provinciais.
Explicou que antes de elevar os casos á comisión “son os propios centros os que deben realizar as ponderacións das situacións particulares”. Sinalou que a Consellería “meteuse nun embarrado de normativa” para delegar nos centros “unha decisión que xa tiñan co actual protocolo, e para cuxa aplicación sería suficiente ditar unhas instrucións que garantiran un tratamento uniforme por parte dos centros educativos”, como fixeron na resolución publicada no DOG do pasado 3 de decembro.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a remitir ao Parlamento de Galicia un informe final por cada un dos tres trimestres do curso 2020/2021, sobre as actuacións dos comités provinciais de seguimento ante as posibles situacións de absentismo con orixe na covid – 19 por parte dos centros educativos, no que consten o número de casos que foron remitidos en cada provincia, desagregado por etapas educativas, así como o ditame que sobre eses casos se adoptou”.