Pablo Arangüena asegura que “sen control da xestión pública é imposible garantir a eficiencia e a resilencia, que fai máis falla que nunca neste momento crucial e decisivo”
O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de denunciar a falla de avaliación e control da xestión das políticas públicas na Xunta de Galicia. Así, asegurou que “sen control da xestión pública é imposible garantir a eficiencia e a resilencia, que fan máis falla que nunca neste momento crucial e decisivo” para Galicia.
Arangüena lamentou que “o sector público galego, que emplea a máis xente que calquera outra empresa en Galicia, non teña un control de xestión digno de tal nome” o que fará que a nosa Comunidade “estea moito peor preparada para o que temos por diante, que será extremadamente duro e difícil” trala pandemia provocada polo coronavirus. Ademais, reclacou que sen dito control, “non pode haber políticas públicas estratéxicas”.
O responsable socialista destacou que a crise do coronavirus “está provocando unha caída económica do PIB sen precedentes no noso país”, así como unha merma “nos recursos públicos, cada vez máis escasos”. Ademais, “a día de hoxe, podemos albiscar un escenario aínda máis difícil, xa que o incremento das restricións limita a actividade económica cun impacto demoledor” para determinados sectores como “o ocio nocturno ou a hostalería”.
Neste senso, o socialista fixo fincapé en que o financiamento europeo ao que pode acceder España nos próximos anos “vai estar condicionado, dun xeito aínda difícil de precisar, polos exames de calidade e de execución dos proxectos que se pretendan impulsar con dito financiamento”. Por iso, instou ao goberno galego a realizar unha “avaliación e medición real da eficacia e eficiencia das políticas” da Administración autonómica galega.
FALLA DE TRANSPARENCIA
“Sen información non hai crítica política, e entón a legalidade se substitúe pola arbitrariedade”, aseverou. Arangüena denunciou tamén a “falla de transparencia” do goberno galego, que “brilla pola súa ausencia” e puxo como exemplo a recente “entrevista do conselleiro de Sanidade nun medio escrito de Galicia, na que dicía que non ía dar a cifra de rastrexadores que ten o Sergas”.