A Coruña, 20 de outubro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, secundou hoxe a masiva manifestación que tivo lugar na Coruña para rexeitar o peche das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés e, dende alí, fixo un chamamento a converter o mantemento do emprego nunha “cuestión de interese nacional”.
“Hoxe todos somos os traballadores de Alcoa”, proclamou o líder dos socialistas galegos, para facer fincapé na importancia de defender o emprego e os dereitos laborais desta multinacional como “unha causa común” de partidos, sindicatos e administracións.
Pola súa banda, Gonzalo Caballero asegurou que “traballaremos arreo nunha fronte común” enfocada a que a planta de Alcoa manteña a súa actividade. Nese senso, manifestou “todo o apoio” dos socialistas dende as institucións nas que gobernan.
Al fío diso, o máximo dirixente do PSdeG explicou que a ministra de Industria xa lle ten trasladado que “a estratexia” do goberno que preside Pedro Sánchez está “centrada” no mantemento do emprego.
Precisamente por iso, Gonzalo Caballero reclamou a Alcoa “vontade” e “tempo”, para que non presente o ERE e, así, permita “abrir todas as liñas de acción necesarias para conseguir o que buscamos”, o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo.