O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “aparentar agravio e vitimismo cando o que hai é traballo polo goberno socialista para resolver os problemas das galegas e dos galegos”. Na súa visita á Festa do Pulpo de Carballiño, Caballero sinalou ás obras do AVE como exemplo dun goberno central “que goberna” mentres Feijóo “utiliza á Xunta con fins partidistas”.
Gonzalo Caballero dixo hoxe que “os galegos merecemos un presidente da Xunta responsable e leal co cargo que ocupa” Así o dixo en resposta ás queixas de Feijóo contra o goberno central, seguindo a “estratexia da confrontación” dirixida por Casado e Álvarez de Toledo, e subliñou que “os galegos un goberno da Xunta que resolva problemas e deixe de xogar ao agravio para intentar salvar os mobles electorais”.
Así, dixo que fronte a un presidente da Xunta “xogando ao vitimismo”, os galegos e galegas teñen a un goberno socialista que “comprometeuse e cumpre coa chegada do AVE a Galicia dende o primeiro momento”. Dixo que o Executivo “fai todo o que pode facer para que o AVE chegue o máis pronto posible”.
Gonzalo Caballero sinalou que “están en marcha todas as obras contratadas, e de acordo cos prazos establecidos” para que Galicia poida contar canto antes con esta infraestrutura. Subliñou que nas pasadas eleccións xerais “a maioría dos galegos e das galegas apoiamos con claridade a Pedro Sánchez e ao PSOE para manter durante 4 anos esta liña de avance e progreso e dun goberno que dialoga”.
Así o dixo na súa visita á LVII Festa do Pulpo de O Carballiño, na que participou acompañando ao alcalde da localidade, o socialista Francisco Fumega, e xunto a representantes institucionais e orgánicos dos socialistas galegos.