O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, levou hoxe ao Pleno do Parlamento as necesidades educativas de Salceda de Caselas, que conta cun Centro de Ensino Privado –Altamira- masificado e carece de oferta de ensino posobrigatorio.
O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle afeou ao conselleiro de Educación que renuncie a fixar prazos para a ampliación do CEP, que ten que atender actualmente a 739 alumnos, obrigando a ampliar as aulas. Ademais, reclamou o compromiso do goberno galego a ampliar a oferta de estudos para os alumnos que queiran cursar ensinanzas posobrigatorias.
Lembrou as dificultades que teñen que afrontar estes estudantes no momento en que se ven obrigados a desprazarse a outros concellos para continuar cos seus estudos, cuns problemas nos vehículos que tiveron que ser resoltos grazas ás intervencións de nais e pais e que “a Guardia Civil de Tráfico impediu que funcionaran de forma perigosa”.
Sinalou que outros concellos da mesma provincia con menos poboación infantil e xuvenil contan co compromiso orzamentario da Xunta de Galicia para dispor dun novo instituto, o que reduciu a unha “cuestión de vontade, que para o goberno galego semella mais doada de levar a cabo cando vai paralela á afinidade política do goberno local”.