A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, mantivo un encontro con palangreiros de superficie A Guarda que manterán un encontro mañá co Ministerio de Transición Ecolóxica para acadar unha resposta á problemática da comercialización do marraxo. A responsable socialista participou no encontro xunto coa deputada de Vigo Leticia Gallego, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, e a tenente de alcalde, Montse Magallanes.
A responsable socialista trasladoulle o apoio dos socialistas galegos de cara ao problema inmediato das toneladas de marraxo que non poden comercializar logo da súa extracción, e subliñou que a flota palangreira galega “realiza unha pesca sostible e coidadosa co medio ambiente”.
Os socialistas galegos valoraron o esforzo da flota por cumprir escrupulosamente coas normas ICCAT para a protección do marraxo e, dixo, “entendemos que non se poden adoptar novas decisións que prexudiquen socioeconomicamente ao sector”.