A viceportavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama ao goberno galego que se afane en buscar alternativas viables para resolver a situación de Vulcano e frear o ERE extintivo que ameaza aos 69 traballadores do estaleiro vigués.
A responsable socialista sinala que “o goberno galego e toda a Administración autonómica debera dar unha resposta ante esta situación, impedindo que finalizase a relación contractual cos traballadores e apostando pola aparición dun posible inversor”.
Vilán quere que o Executivo explique na Cámara autonómica de forma detallada as supostas xestións que debera ter emprendido ata o momento para resolver a situación da empresa e na busca de posibles inversores, así como “que vai facer a partires deste momento para manter a actividade industrial e os postos de traballo”.