A deputada socialista Noela Blanco esixiulle hoxe á Xunta a garantía e mantemento dos máis de 130 postos de traballo que proporciona a empresa de telemárketing Unitono situada no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao e presentou unha batería de iniciativas para defender os dereitos dos traballadores da empresa de telemárketing que da servizo a Gas Natural Fenosa-Energy.
Blanco defendeu que, Unitono Servizo Externalizados, leva prestando servizos en Ourense dende hai máis de 10 anos, atendendo a atención telefónica dos clientes de Gas Natural Fenosa-Energy. Esta empresa, insistiu, da traballo a 130 traballadores, dos cales a gran maioría son mulleres. O seu peche, sinalou, “vai ser un duro varapau para más de 130 familias”.
A deputada socialista amosou o seu apoio aos paros e movilizacións promovidas polo Comité de Unitono Ourense para poder frear o intento de deslocalización da empresa cara Cataluña ou Colombia. Este peche, recalcou, ademáis de deixar no paro a mais de 130 persoas, suporía unha grave redución na taxa de actividade e na taxa de ocupación.
Esa redución, recalcou Blanco, suporía deixar a Ourense coa taxa de actividade máis baixa de España e Galicia, situándose en 47,7%, máis de 10 puntos por debaixo da media española 58.6%. Acusou a Feijóo de non “haber mellorado nos seus Gobernos o tecido sociolaboral ourensá, que se vería mermado aínda máis cos despidos de Unitono, situando a taxa de ocupación desta provincia na cola de España e Galicia cun 41,5%”.
Blanco amosou a súa preocupación pola posible saída desta empresa cara Cataluña ou Colombia, deixando sen atender aos usuarios de Unitono Ourense na nosa lingua coa “intención de abaratar custos e destruír emprego”. Reclamoulle a Feijóo a despreocupación do seu Goberno na defensa dos dereitos dos traballadoras da nosa terra no sector do telemárketing, “habéndose producido xa centros de despedimentos en compañías como Atento ou Extel”.
Precariedade laboral
Esta despreocupación da Xunta, sinalou, está “deixando a sociedade galega nunha gran situación de precariedade laboral”, aproveitada polas empresas para “ofrecer menos garantías laborais ao seu personal”. No caso específico de Unitono Ourense, recalcou, “levan anos sufrindo un gran agravio por parte da empresa, xa habéndose producido un ERTE no ano 2013”.
Por todo o anteriormente exposto, a portavoz socialista esíxelle á Xunta “a realización de medidas precisas con Unitono Servizos Externalizados e Gas Natural Fenosa-Energy que garantan o mantemento dos máis de 130 postos de traballo no seu centro de San Cibrao das Viñas e a continuación na atención aos clientes de Gas Natural Fenosa-Energy para que poidan ser atendidos na nosa lingua”.
Blanco, por último, insta á Xunta a “mellorar as condicións dos traballadores do sector de telemárketing a medio e longo prazo para poder garantir o seu mantemento e progresión en Ourense de forma que se evite a súa deslocalización a traslado a outras localidades”.