Categorías: Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais por doenzas musculoesqueléticas son as coidadoras, e que as persoas que gañan menos de 600 euros ao mes teñen tres veces máis posibilidades de presentar trastornos mentais que as que gañan máis de 2.000

“Son os profesionais do sistema público os que avalían se unha persoa pode traballar ou non, e o Partido Popular o que quere é introducir aí ás mutuas, que son de parte, para que decidan aqueles que están pagados polas empresas”, alertou o deputado socialista

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe que o Goberno galego, co seu plan de control das baixas laborais, está poñendo “no punto de mira” aos profesionais. Durante o pleno, criticou que Rueda, “en vez de preocuparse polas causas” desas incapacidades temporais “ataca a traballadores e sanitarios”.

O parlamentario do PSdeG atribuíu ao “clasismo” do PP un plan que ve como “defraudadores” á xente que traballa. “A realidade é que hai que ter puntería para sinalar, como fixo Rueda, os problemas musculoesqueléticos e de saúde mental”, ironizou sobre os dous males nos que o presidente galego puxo o foco.

Porén, Torrado explicou que un dos sectores no que se producen máis baixas por doenzas do primeiro tipo é o dos coidados. “Pensemos nunha muller de 52 anos e 55 quilos que traballa nove horas ao día movendo persoas que poden pesar 70 ou 80 quilos. É natural que teñan lesións. E cando chegan á consulta de primaria, o médico que debe facer? Dicir que Rueda non lle permite dar a baixa?”, preguntouse.

En canto aos problemas de saúde mental, apuntou que as persoas que gañan menos de 600 euros ao mes “teñen tres veces máis posibilidades de presentar trastornos mentais que as que gañan máis de 2.000”, ao que engadiu que hai “moito tempo” que se coñece que quen sofre as situacións máis precarias no seu posto son quen presentan maiores índices de consumo de alcol e drogas.

“Atacar aos profesionais é indigno”, insistiu Julio Torrado. “Son os profesionais do sistema público os que avalían se unha persoa pode traballar ou non, e o Partido Popular o que quere é introducir aí as mutuas, que son de parte, para que decidan aqueles que están pagados polas empresas”, advertiu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG celebra en Ferrol a lingua e chama á Xunta a defendela: “Hai que apostar polo galego de verdade, e iso vese nas contas”

O secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, compartiu con militantes e simpatizantes a primeira Foliada…

17/05/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reclámalle a Rueda que manteña vivo o espíritu crítico de Begoña Caamaño cuns medios públicos independentes

O secretario xeral do PSdeG participou no acto da Real Academia Galega polo Día das…

17/05/2026
  • Actualidade

Besteiro: “Xa non hai escusas para que Alcoa non inicie a construción do forno de cocción de ánodos”

Asegurou, despois de que hoxe se reunise a comisión de seguimento do acordo de viabilidade…

15/05/2026
  • Actualidade

González Casares esíxelle á Xunta “un proceso claro de participación pública e diálogo” cos afectados pola planta de biogás de Soandres -A Laracha-

O europarlamentario galego mantén un encontro coa Plataforma de veciños e veciñas contrarios ao proxecto…

15/05/2026
  • Actualidade

O Goberno galego leva dous anos consecutivos desviando 100 millóns de euros dos orzamentos do Plan Galego de Investigación

Aitor Bouza acusa ao PP de facer “enxeñería fiscal” co orzamento que precisan os investigadores…

15/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG reclama ampliar categorías profesionais na Atención Primaria, multiplicar a plantilla e modernizar un sistema “de hai 30 anos”

Julio Torrado sostén que ao titular da carteira se lle está poñendo “cara de Florentino…

15/05/2026