Categorías: Actualidade

Paloma Castro tilda de “tomadura de pelo ás familias” que o PP vote en contra de mellorar o servizo de Logopedia na área sanitaria de Pontevedra – O Salnés

Esixe mellores condicións laborais para os profesionais: “é unha falta de respecto que o goberno galego diga que teñen condicións dignas cando lles fan contratos de 9 meses”

 

A parlamentaria socialista Paloma Castro cualificou hoxe de “tomadura de pelo ás familias” que o PP vote en contra de garantir un servizo de logopedia axeitado na área sanitaria de Pontevedra – O Salnés. Criticou que o PP presuma de que as familias teñen un tratamento “regular e prolongado” cando están a cambiar de profesional a nenos pequenos cada mes e vense obrigados a pagar un mínimo de 250 euros para complementar a atención con consultas privadas.

 

A responsable socialista citou varios casos de nais da Plataforma Loita -que agrupa a máis de 100 familias en toda Galicia- que teñen que tratar aos nenos e nenas apenas “media hora cada dúas semanas”. Advertiu que esta atención resulta totalmente insuficiente, cando se trata de nenos pequenos que teñen que cambiar constantemente de terapeuta, obrigándoos a empezar cada vez de cero.

 

Dixo que o PP está a “faltarlle ao respecto” aos profesionais logopedas presumindo de condicións dignas cando estes traballadores especializados teñen que asumir contratos precarios cada nove meses. A responsable socialista reclamou un servizo de calidade, que pare coa rotación excesiva de terapeutas, o que afecta á súa continuidade e estabilidade, e incrementar os recursos para garantir tratamentos suficientes e continuados.

 

Castro reclamoulle ao goberno galego que asuma o Plan de rescate do servizo que se comprometeu a cumprir co Colexio de Logopedas de Galicia. Ironizou neste sentido con se o conselleiro seguirá o tempo suficiente no seu posto como para levar adiante este Plan, logo da “chabacanería” coa que onte dixo que as persoas maiores manexaban a aplicación do Sergas “que te cagas (sic)

 

A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego o reforzo dos logopedas, xa que actualmente só hai 37 profesionais desta especialidade na sanidade pública, e segundo o Colexio de Logopedas de Galicia precisaría de 100 máis para garantir unha atención “minimamente eficaz” e pasar de contar con 1 logopeda por cada 72.000 habitantes ao mínimo recomendado de 1 por cada 60.000 persoas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG advirte de que a nova Lei de Administración Local “nace morta” se non garante o financiamento dos concellos

A secretaria de Organización e deputada do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, critica que o…

09/02/2026
  • Actualidade

O PSdeG acusa a Rueda de enganar ás familias coa dedución do material escolar

O deputado Aitor Bouza advirte de que parte das 60.000 familias ás que a Xunta…

08/02/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica desde a Festa do Butelo da Fonsagrada a calidade como eixo de competitividade dos produtos agroalimentarios galegos

O secretario xeral do PSdeG pon ao Butelo como exemplo da capacidade produtiva e da…

07/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista advirte da necesidade da protección da infancia fronte aos intereses mercantís das plataformas dixitais

Silvia Longueira, Lara Méndez e Carlos López Font, deputados do Grupo Parlamentario Socialista,  mantiveron esta…

06/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista censura o “uso partidista” da Axencia Turismo de Galicia e critica a súa falta de ambición

Lara Méndez denuncia que o goberno galego exclúe a concellos socialistas como Camariñas, Betanzos ou…

06/02/2026
  • Actualidade

Lara Méndez: “Os alcaldes do PP teñen que defender aos seus concellos fronte á Xunta e non atacar a quen denuncia a infrafinanciación do SAF”

A secretaria de Organización do PSdeG pediu tamén explicacións sobre a posible existencia de convenios…

06/02/2026