Categorías: Actualidade

Paloma Castro acusa á Xunta de “discriminar” aos nenos e nenas do CEIP Torre Illa

Paloma Castro lamenta o voto en contra do PP a unha proposta para pedir o acondicionamento das instalacións do colexio da Illa de Arousa

 

A parlamentaria socialista Paloma Castro acusou hoxe a PP e Xunta de “discriminar” aos nenos e nenas da Illa de Arousa escolarizados no CEIP Torre Illa. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Educación do Parlamento para reclamarlle ao goberno galego que faga o acondicionamento das instalacións do centro, que leva “unha década abandonado”.

 

A parlamentaria socialista advertiu que “non podemos permitir que se siga a discriminar aos nenos e nenas segundo o lugar onde residan”, e subliñou que esta escola da Illa de Arousa incumpre os estándares mínimos de calidade. Salientou o estado “case ruinoso” das 6 antigas vivendas dos mestres, así como os graves problemas de illamento e humidades dos 3 pavillóns dos que dispón o centro, con serios problemas nas cubertas.

 

Castro levou ao Parlamento as demandas do Concello, que leva “anos” reclamando unha solución para habilitar un inmoble construído nos anos 60 “sen que o exista ningunha resposta por parte do goberno galego”. Lembrou que o alcalde leva remitidas xa 5 cartas á Consellería de Educación pedindo unha xuntanza sen que lle teñan respondido, evidenciando que o Concello “sobrevive á marxe da Xunta de Galicia”.

 

Reclamou a reforma integral e acondicionamento integral urxente no inmoble, que inclúa a rehabilitación das 6 casas dos mestres para que poidan ser utilizadas como espazos complementarios ás aulas. Ademais, pediu o acondicionamento dos 3 pavillóns do complexo, incluíndo a reparación das humidades, a mellora do illamento, a substitución da cuberta de uralita e as actuacións necesarias para garantir a accesibilidade, ademais da substitución dos aseos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG traslada o “apoio, agarimo e afecto” á vítima da agresión homófoba da pasada noite en Santiago e sinala que en Galicia “non hai espazo para o odio nin para a violencia”

Aitor Bouza traslada a “máxima condena e repulsión” dos socialistas galegos contra as actitudes violentas…

13/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclama unha Comisión de Estudo sobre o Leite “operativa, resolutiva e construtiva”

Lara Méndez urxe a constituír canto antes a Comisión de Estudo sobre o leite impulsada…

13/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de presentar o Pladiga “meses tarde, ás agochadas e sen autocrítica”

Carmen R. Dacosta critica que “substitúen a prevención real por propaganda e externalización” nun documento…

13/05/2026
  • Actualidade

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta reactiva os megaproxectos mineiros máis polémicos sen plan sectorial e de costas ao territorio

A voceira de Industria e Enerxía do Grupo Parlamentario Socialista advirte de que o goberno…

13/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG reivindica en Santiago a lingua como “ferramenta de identidade” no encontro “Libro, Letras e Redes” organizado dentro da Semana das Letras Galegas

A secretaria de Organización Lara Méndez clausura un acto aberto pola secretaria de Lingua Silvia…

12/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG defende a exención das cotas das mariscadoras á Seguridade Social que impulsa o Goberno e critica a posición de BNG e PP no Senado

César Mogo censurou o “oportunismo” dos nacionalistas por presentar na Cámara Alta unha iniciativa en…

12/05/2026