Categorías: Actualidade

Os socialistas denuncian que o PP bloquea o Parlamento para que Rueda poida irse de vacacións

Lara Méndez sinala que o bloqueo do Parlamento encaixa nunha tónica de desprezo institucional por parte de Rueda, que xa antepuxera os seus compromisos persoais ao pospoñer a toma de posesión pola voda de Almeida

 

A secretaria de Organización do PSdeG e deputada autonómica, Lara Méndez, denunciou hoxe “o enésimo desprezo institucional do Partido Popular”, despois de que a formación de Alfonso Rueda decidise adiar unha semana o Pleno do Parlamento de Galicia simplemente porque quere irse de vacacións.

 

“Non é a primeira vez que o fan, e por desgraza non será a última. Comezamos a lexislatura adiando a toma de posesión porque Rueda tiña unha voda en Madrid, e agora volvemos ao mesmo: cambian a axenda parlamentaria para adaptala á súa vida persoal”, criticou Méndez.

 

A dirixente socialista lembrou que “xa no mes de xullo se sabía que o Pleno se ía retrasar por cuestións de axenda”, pero advertiu de que “o que non sabiamos é que esas cuestións eran unhas simples vacacións”. Ademais, cualificou de “tomadura de pelo” a escusa do PP de que o cambio se fai para compensar o traballo durante os incendios:

 

“De verdade sabían en xullo que iamos ter a peor vaga de lumes do ano? Non insulten a intelixencia da xente.”

 

Méndez subliñou que esta decisión “responde a un patrón claro”: “Rueda non ten ganas de traballar nin de asumir as súas responsabilidades. Prefire escapar dos debates, evitar dar explicacións e impedir que a oposición poida facer o seu traballo de control. Iso si, para a foto e para os discursos baleiros sempre está dispoñible.”

 

A secretaria de Organización do PSdeG concluíu advertindo de que “Galicia merece un presidente que traballe, que dea a cara e que respecte as institucións”, e non “un líder ausente que fai e desfai o calendario parlamentario ao seu antollo, como se o Parlamento fose a súa axenda persoal”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro pídelle ao Goberno un novo impulso para que o nó de transición xusta das Pontes permita crear empresas canto antes

O secretario xeral do PSdeG celebrou o “paso decisivo” tras o si do Congreso ao…

13/04/2026
  • Actualidade

O ciclo cultural do PSdeG, Desde-A-Marxe, deulle voz en Serantes -Ferrol- a proxectos relacionados coa ilustración e a moda

Silvia Longueira destacou que o programa que o Partido Socialista está a levar por toda…

11/04/2026
  • Actualidade

Méndez: “O PP de Rueda usa o DEA para o único que sabe facer: Dicirlle non á xente e si aos de sempre”

O Partido Popular tombou onte con rodillo parlamentario 38 das 40 resolucións presentadas polo Grupo…

11/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de “cambiar unha Galicia de dereitos por unha Galicia de caridade”

Lara Méndez sinala que levan “17 anos destruíndo o futuro” e levando “a números vermellos”…

10/04/2026
  • Actualidade

O PP comprometíase cos socialistas a elixir con equidade a dirección do CGAC ao mesmo tempo que a Xunta abría un proceso de selección a dedo

Os populares aceptaron unha proposta do PSdeG no marco do Debate do Estado da Autonomía…

10/04/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro propón a coparticipación de Galicia na xestión aeroportuaria e intervención inmediata na vivenda: “Galicia necesita un Goberno que actúe xa”

O PSdeG leva ao DEA 40 Propostas de Resolución para que Galicia teña voz na…

09/04/2026