Categorías: Actualidade

O PSdeG sinala como “primeiro gran éxito” da mobilización contra Altri que a Xunta “quite a careta” e admita que é unha gran macrocelulosa

Apunta que “a cidadanía fala mobilizándose” na Pobra contra a mentira de Altri e na Mariña reivindicando sanidade pública e “fronte a eles temos a un goberno de tertulianos”

 

O portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, dixo hoxe que a mobilización desta fin de semana na Pobra do Caramiñal conseguiu que o goberno galego “quitara a careta” e admita por primeira vez que o proxecto de Altri é unha gran macrocelulosa. Torrado fixo valoración da concentración masiva por terra e mar contra a “gran mentira de Rueda” que constitúe este proxecto.

 

O responsable socialista cualificou de “gran éxito” a manifestación do pasado sábado contra o proxecto que abrazou o goberno do PP e o propio Alfonso Rueda en persoa” pero que Galicia “nin quere nin necesita”. Puntualizou que o feito de que o goberno admita agora a dimensión real da pasteira que están a avalar constitúe un “triunfo” da mobilización cidadá.

 

Torrado sinalou que a realidade dos feitos está a demostrar que o gran proxecto que “abrazou” o PP e foi “apadriñado” por Rueda “está baseado na mentira”. Aludiu aos cambios no que ía ser un gran proxecto para fabricar fibra téxtil e crear 4.000 empregos, que non cambiaría o modelo forestal e que era “viable e sostible” cando en realidade trátase dunha gran macrocelulosa que vai crear uns poucos centos de empregos e que precisa de 250 millóns de euros a fondo perdido.

 

Sinalou neste sentido que a negativa agora de Rueda a darlle financiamento público constitúe unha “recollida de cable” porque “dáse de conta de que a mentira non da para máis”, e reclamoulle que explique “o que sabe do proxecto que non está a contar aos demais”. Sinalou que o debate está hoxe “onde dixo o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que ía estar: na solvencia e rigor do proxecto”.

 

Advertiu neste sentido que o PSdeG foi o único partido no Parlamento que non quixo que os fondos europeos foran xestionados pola Xunta, e que de ter saído adiante esta petición “hoxe Altri estaríase construíndo xa”. Lembrou que logo do trámite “acelerado e axilizado ata o extremo” para aprobar a Declaración de Impacto Ambiental por parte da Xunta, “quédalles moita tramitación por facer”, e emprazou á análise “máis sosegada e rigorosa” para pedir os fondos europeos.

 

Un goberno de tertulianos

 

O portavoz da Executiva do PSdeG sinalou que esta fin de semana coincidiron as mobilizacións cidadás da Pobra do Caramiñal contra o proxecto de Altri e na Mariña para defender á sanidade pública, e “fronte a elas temos un goberno de tertulianos”. Apuntou así á entrevista do conselleiro de Sanidade, que logo de 15 anos de goberno do PP anuncia agora que “empezan a pensar solucións para o déficit de médicos”.

 

Por outra parte, a conselleira do Medio Ambiente pola súa banda defendeu nunha entrevista o proxecto de Altri porque a xente “non bebe auga do río” e que Ence “está moi ben porque as praias de Marín teñen bandeira azul”.

 

Torrado acusouna de “tomarlle o pelo á xente” e reclamoulle que “pense un pouco antes de falar” con comentarios, ironizou, “profundos e sesudos” que comparou coas declaracións do conselleiro do Mar, cando falando do impacto do vertido de micropélets de plástico na fauna mariña se limitara a dicir que “esas cousas entran por onde entran e saen por onde saen”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG entrega este domingo en Ourense os VII Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez a Fademur Galicia e á investigadora Aurora Marco

O partido presentará en todos os concellos galegos unha moción para que a mestra Maruja…

04/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro a Rueda: “Ao mesmo tempo que vostede pedía eleccións para derrubar ao goberno, Pedro Sánchez traballaba para traer SAIC e emprego a Galicia”

O líder dos socialistas galegos reclámalle ao presidente da Xunta que “deixe a hipocrisía a…

03/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda que deixe de castigar aos concellos onde non goberna o PP e dote a Valdoviño do instituto que require o seu crecemento demográfico

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE pide a Rueda que levante o veto á reunión solicitada…

30/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a Xunta se nega a explicar o sistema “falaz” de cómputo de listas de espera sanitarias

Julio Torrado esíxelle ao xerente do Sergas que explique se unha espera de 9 meses…

28/05/2026
  • Actualidade

O Grupo socialista denuncia que a Xunta reduce as axudas para a contratación de mulleres de 7 a 2,5 millóns de euros

Carmen R. Dacosta lembra que as mulleres cobran de media 4.300 euros menos ao ano…

28/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia un “fraude de lei” por parte da CSAG ao contratar persoal á marxe do establecido no convenio e na normativa

Silvia Longueira alertou de que a antiga CRTVG está utilizando unha modalidade excepcional, a contratación…

28/05/2026