Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

O PSdeG reúne apoios de federacións e agrupacións do PSOE e da UGT de toda España para que o Concello de Ferrol coloque a placa de Pablo Iglesias no lugar que merece

Os secretarios xerais galego e ferrolán participarán mañá en Madrid nos actos con motivo do centenario da morte do fundador do Partido Socialista

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participará mañá en Madrid nos actos en memoria de Pablo Iglesias, de cuxa morte se conmemoran cen anos este 9 de decembro. Xunto a el estará o secretario xeral da Agrupación ferrolá, Ángel Mato. Ambos aproveitarán a celebración do centenario para seguir sumando apoios entre as federacións e agrupacións socialistas e da UGT de toda España para que a recreación da antiga placa en homenaxe ao fundador do partido se instale nun espazo digno de Ferrol, a súa cidade natal.

A peza é unha reprodución da orixinal, que se atopaba no antigo Concello ferrolán ata que os golpistas a retiraron e a destruíron en 1936. Foi copiada a partir de fotografías aparecidas hai poucos anos e financiada coas achegas da militancia socialista da cidade naval. Pese a que a Agrupación local solicitou que, con motivo dos 175 anos do nacemento de Iglesias e dos 100 do seu pasamento, se situase nun lugar público acorde á súa relevancia, o goberno municipal do PP negouse. Os populares tamén rexeitaron no Parlamento de Galicia unha iniciativa nese senso, que o BNG tampouco apoiou.

Desde entón, o Partido Socialista recibiu numerosas mostras de apoio desde eidos coma o da memoria histórica ou o da cultura, e incluso se fixeron públicas propostas como que a placa se instale na fachada do pazo municipal, xunto á de Concepción Arenal.

A reposición da placa é aínda máis simbólica unha vez que o Estado iniciou xa o expediente para nomear Ferrol lugar de memoria democrática.

Aínda que diferentes agrupacións xa se sumaron á reivindicación, o PSdeG quere que a data simbólica do 9 de decembro sirva para impulsar unha demanda que o partido considera unha cuestión de xustiza. Así, proporáselles a todas as federacións e agrupacións tanto do PSOE coma da UGT que formulen reclamacións oficiais ante o Concello de Ferrol para que a placa en memoria de Pablo Iglesias ocupe o lugar que merece.

Mañá, Besteiro e Mato estarán presentes na ofrenda floral que o partido e o sindicato realizarán a mediodía na tumba do seu fundador, no cemiterio civil da Almudena. Xa pola tarde, asistirán ao acto conxunto de conmemoración e homenaxe que terá lugar na sede da UGT a partir das 17.30 horas, e no que intervirán os secretarios xerais do PSOE, Pedro Sánchez, e da central sindical, Pepe Álvarez.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “A negativa a negociar o financiamento non sae de San Caetano, sae de Génova e consuma a traizón de Rueda a Galicia”

O secretario xeral do PSdeG acusou ao presidente galego de “baixar a cabeza ante Feijóo…

19/01/2026
  • Actualidade

O PSdeG propón crear un Observatorio da Morte Digna tras o aumento histórico dos testamentos vitais en Galicia

A iniciativa, rexistrada por Elena Espinosa no Parlamento galego, vincula o crecemento da demanda co…

17/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Xunta a colaborar e corresponsabilizarse coa aplicación do acordo con Mercosur con medidas de apoio á gandería

Lara Méndez reclama “responsabilidade, rigor e firmeza” das administracións, que deben garantir a eficiencia nos…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle a Medio Rural que levante o “bloqueo político” á nova Lei contra os incendios forestais “antes de que sexa demasiado tarde”

Carmen R. Dacosta sinala que a política contra os incendios “non se corrixe con cambios…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de “poñerse de perfil e mirar para outro lado” diante do problema da expansión do xabaril

Lara Méndez reclama un Plan integral de control da especie e axudas ás persoas afectadas…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de agochar os informes de inspección dos centros sanitarios e residenciais privados e concertados

Elena Espinosa empraza a Sanidade e Política Social a reforzar o persoal inspector e presentar…

15/01/2026