Categorías: Actualidade

O PSdeG renova a dirección do Grupo Parlamentario, que terá como portavoz a Luis Álvarez

Valentín González Formoso anunciou que Grupo Parlamentario iniciará a nova etapa preguntando pola “polémica artificiosa” do reparto de fondos estatais, logo de que a Xunta deixara sen executar partidas millonarias procedentes do Estado e do FSE

O secretario xeral do PSdeG sinala que o colapso en Atención Primaria consecuencia de “anos de baixas orzamentarias” e de renuncia á contratación de persoal por parte da Administración Autonómica

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, fixo hoxe pública a decisión da Executiva do partido de renovar a dirección do Grupo Parlamentario comezando pola designación do lugués Luis Álvarez como novo portavoz. O responsable socialista trasladou o anuncio logo da reunión da CENG do PSdeG, este sábado en Santiago de Compostela.

O responsable socialista anunciou a renovación de todo o equipo de dirección do Grupo Parlamentario para “darlle cabida á representación das catro provincias galegas” respectando ademais o criterio da paridade. O peso da dirección do equipo, dixo, recaerá sobre o parlamentario lugués, que cualificou como “ben recoñecido parlamentario” e sinalou as súas cualidades de “persoa rigorosa e construtiva”.

Álvarez terá o encargo de converter ao Grupo Parlamentario nunha “correa de transmisión das inquedanzas e da sensibilidade da sociedade galega”, fixando unha “nova dinámica de contacto permanente, de proposta permanente e de escoitar á sociedade galega”. Puntualizou que “este novo tempo non racha con nada, simplemente traslada unha sensibilidade distinta”.

A dirección do Grupo Parlamentario completarase coa entrada da deputada coruñesa Begoña Rodríguez Rumbo, así como de Carmen Rodríguez Dacosta e Juan Carlos Francisco, os dous de Ourense, de Leticia Gallego e Julio Torrado pola provincial de Pontevedra e, finalmente, o propio Álvarez e Patricia Otero por Lugo. Anunciou que a nova etapa comezará cunha xuntanza do Grupo Parlamentario este mesmo luns.

Agradeceu o traballo e “a comprensión” amosada polo ex secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a quen lle comunicou persoalmente a decisión onte mesmo. Sinalou que Caballero “será un activo sempre respectado”, chamado a “desempregar moitas funcións”, e cualificouno de “persoa imprescindible para o socialismo galego” como ex secretario xeral.

Fondos estatais

O líder dos socialistas galegos explicou que a nova etapa do Grupo Parlamentario comezará centrando a súa tarefa de oposición na “polémica artificiosa” xerada en torno ao reparto de fondos estatais por parte da Xunta de Galicia, “facéndolle un guiño ás consignas de Casado e Ayuso” e coincidindo co momento electoral en Castela e León. Este será precisamente o eixo da primeira sesión de control do novo portavoz.

González Formoso lamentou que o goberno e o PP galegos “renuncien a manter un criterio propio” e fagan seguidismo das críticas polo reparto de fondos da última convocatoria de proxectos piloto por valor de 9 millóns de euros para todo o Estado, cando Galicia ten recibido 216 millóns de euros só para reactivación do emprego, boa parte dos cales están sen executar.

Tildou a polémica de “artificio político” por canto Galicia ten recibido fondos millonarios que “solicita e non executa na súa totalidade”. Apuntou que “permitirá poñer branco sobre negro se son certas as denuncias das forzas sindicais e políticas galegas pola devolución de centos de millóns de euros ao Estado porque a Xunta non da executado fondos de reactivación económica”.

Sanidade

González Formoso explicou que a Executiva do PSdeG puxo hoxe tamén o foco sobre a situación da sanidade pública, que co colapso na Atención Primaria aflora “o peor da mala xestión” deste servizo por parte da Xunta. Esta é a consecuencia, dixo, de “anos de baixas orzamentarias” e da renuncia do goberno galego á incorporación de 150 médicos e médicas de familia nas últimas convocatorias.

Lamentou que a Atención Primaria, a “primeira liña de batalla” do sistema sanitario galego, estea expresando así “tódalas súas debilidades” cunha situación que “preocupa enormemente á cidadanía galega”.

Sinalou o “escenario inédito” provocado pola xestión do PP no goberno galego, que deriva en “demasiados días de espera para recibir diagnóstico, que é un dereito imprescindible” ou para “ser atendido telefonicamente tan só para fixar cita médica, e demasiadas dificultades para recibir atención presencial”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro compromete unha oposición “firme e construtiva” afastada da “pouco edificante” estratexia “destrutiva” do PP en Madrid

O portavoz do grupo Socialista apunta que a Xunta “terá que informar” sobre a viabilidade ambiental e económica do proxecto…

25/03/2024 13:40

Besteiro desafía a Rueda a apoiar os Orzamentos no Estado e subliña que Galicia recibirá unha transferencia histórica de máis de 10.000 millóns de euros

Presenta o máximo de avais como candidato á secretaría xeral do PSdeG no último trámite antes da súa proclamación definitiva…

22/03/2024 13:33

Os socialistas galegos apoian na eurocámara o novo Regulamento que reforza a prevención e loita contra os vertidos de pélets plásticos

Nicolás González Casares sinala que o informe ratificado pola Comisión de Medio Ambiente obriga a adoptar medidas para previr, conter…

19/03/2024 15:25

Besteiro compromete unha oposición “con ambición de país” que dea “voz a tódalas galegas e galegos en deixar a ninguén atraś”

O responsable do Grupo Socialista sinala que a presenza de Patricia Iglesias como vicesecretaria da Mesa representa a pluralidade da…

18/03/2024 13:47

José Ramón Gómez Besteiro é o único candidato á Secretaría Xeral do PSdeG

Rematado o prazo previsto para  presentación de candidaturas, comeza o proceso de recollida de avais, que se prolongará ata o…

14/03/2024 15:12

A Executiva do PSdeG aproba o calendario de primarias e o Congreso Extraordinario

Este luns ábrese o proceso de presentación de precandidaturas ás primarias para secretario xeral do PSdeG   A xornada de…

09/03/2024 11:49