Categorías: Actualidade

O PSdeG reclama á Xunta activar en 30 días unha Comisión de Seguimento sobre o ditame de incendios de 2018 “coni control real e ata as últimas consecuencias”

Lara Méndez ratifica a posibilidade de acudir á Fiscalía polos incendios e reclama mecanismos efectivos para garantir o cumprimento dos compromisos asumidos na Comisión de 2017

 

O Grupo Parlamentario Socialista reclamará de novo no próximo pleno que o Goberno galego active no prazo máximo de 30 días a comisión de seguimento do ditame aprobado en 2018 sobre incendios forestais. A viceportavoz segunda do Grupo Socialista, Lara Méndez, explicou logo da Xunta de Portavoces que o obxectivo é avaliar punto por punto os compromisos asumidos nese momento e os incumprimentos detectados, logo da vaga de lumes do mes de agosto que puxo en evidencia a falta de prevención.

 

Méndez explicou que os socialistas presentarán esta petición nunha moción que se debaterá no Pleno da próxima semana, e advertiu que “non vale de nada lamentarse se antes non se fixo absolutamente nada en prevención. O que toca agora é esixir responsabilidades de cumprimento”, subliñou antes de recalcar que “seguimento significa control real e control ata as últimas consecuencias”.

 

A dirixente socialista advertiu que o PSdeG, como xa adiantara o secretario xeral José Ramón Gómez Besteiro,  “non descarta acudir á Fiscalía se o consideramos necesario” e lembrou que “do ditame aprobado en 2018 con 123 medidas non se cumpriu practicamente nada”.

 

As e os socialistas defenden unha Comisión de seguimento útil e operativa: “Non buscamos espectáculo nin titulares baleiros, senón mecanismos efectivos para garantir que este Parlamento non aprobe resolucións que logo queden esquecidas nun caixón”, engadiu a viceportavoz, lembrando que o PSdeG votou en 2018 a favor dun ditame “que nos parecía pouco ambicioso, pero que apoiamos por responsabilidade”.

 

Méndez  insistiu en que “o esencial é que o que pasou non se volva repetir”. “Se hai que revisar ou actualizar determinadas medidas, farémolo —dixo—, pero Galicia non pode seguir atrapada nun ciclo de improvisación e incumprimentos que só nos levan a máis destrución e máis abandono”.

 

Outras iniciativas no vindeiro Pleno

 

Xunto con esta moción sobre incendios, a responsable socialista avanzou outras iniciativas que defenderá no próximo pleno do Parlamento:

 

Restauración de espazos naturais tras os lumes, con planificación baseada en criterios científicos, participación social e cooperación europea.

 

Atención a menores non acompañados, reclamando responsabilidade, humanidade e recursos suficientes para garantir a súa protección e integración.

 

Interpelación sobre o Servizo de Axuda no Fogar, “un servizo fundamental con graves carencias que afecta á calidade de vida de milleiros de familias galegas”.

 

Na sesión de control, Gómez Besteiro interpelará a Rueda sobre cales son as prioridades reais da súa acción política neste momento. Ademais, presentarán unha pregunta urxente sobre Palestina, así como cuestións sobre educación -coa rehabilitación do CEIP Torre da Illa (A Illa de Arousa)- e sobre a defensa dos dereitos das persoas cooperativistas do barrio de Xuxán, na Coruña.

 

Condena ao atentado en Lugo

 

Antes de detallar a axenda parlamentaria, Méndez comezou a súa intervención condenando “categóricamente” o atentado sufrido esta madrugada na sede do PSdeG en Lugo, onde apareceu unha pintada insultante. “Estamos ante un ataque contra a liberdade de expresión e contra un partido político, que lembra tempos pasados que algúns semellan non ter superado. Expresamos a nosa máis firme condena”, afirmou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que “a saúde mental en Galicia é un dereito privatizado” reservado “a quen pode pagarse unha consulta”

Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…

22/04/2026
  • Actualidade

Dacosta: “Brigadas de 1.200 euros e tres meses de contrato mentres 200 millóns de prevención quedan sen executar, así funciona o PP”

A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…

22/04/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia a “censura franquista” da Xunta a un encontro de educadores por falar do xenocidio de Gaza

Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia “uso discrecional e partidista” do canon da auga por parte do PP e esixe reverter a metade da recadación nos concellos de orixe

Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…

21/04/2026
  • Actualidade

Lara Méndez critica a convocatoria dunha praza pública da Xunta que “parece feita á medida” da concelleira tránsfuga de Lugo, e que de demostrarse “non é política: é corrupción”

Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…

21/04/2026