Categorías: Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con CEGASAL que estes centros reinvistan os beneficios na creación de emprego para persoas con discapacidade, fronte a outros modelos

Na xuntanza abordou o proxecto de Lei de Impulso da Economía Social que tramita o Goberno central. En Galicia, a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais sen Ánimo de Lucro, da emprego a 2.900 persoas con discapacidade

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e a deputada Silvia Longueira mantiveron unha reunión de traballo co presidente e o secretario xeral de CEGASAL (Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro)  para abordar o proxecto de Lei Integral de Impulso da Economía Social, que continúa o seu percorrido parlamentario tras a súa aprobación no Congreso dos Deputados e á espera do correspondente debate no Senado.

No encontro, o responsable socialista comprometeuse a promover no Parlamento de Galicia unha declaración institucional que reafirme expresamente que os únicos centros especiais de emprego que forman parte da economía social son os de iniciativa social, sen ánimo de lucro, en coherencia coa definición recollida no marco normativo estatal.

Besteiro subliñou que “a economía social non pode ser unha etiqueta que se interprete segundo intereses conxunturais; ten unha definición xurídica clara e uns principios propios baseados na ausencia de ánimo de lucro, na participación e na reinversión social. O Parlamento de Galicia debe expresar con nitidez esa definición para garantir seguridade xurídica e estabilidade ao sector”.

O líder socialista sinalou ademais que a posición defendida polos centros de iniciativa social en Galicia coincide coa interpretación sostida por CEGASAL, polo Foro pola Economía Social Galega, pola patronal estatal CEPES e polo propio Goberno de España, que recoñece que a economía social responde a un modelo empresarial específico e diferenciado.

Pola súa banda, o presidente de CEGASAL, Mino Martínez, agradeceu ao Grupo Socialista a iniciativa de promover unha declaración institucional no Parlamento galego e sinalou que “é esencial evitar interpretacións interesadas que xeren confusión. Os centros especiais de emprego de iniciativa social reinvestimos integramente os nosos excedentes na creación de emprego e nos apoios ás persoas con discapacidade. Ese é o elemento diferencial que define o noso modelo e o que xustifica o seu recoñecemento específico dentro da economía social”.

Os centros especiais de emprego de iniciativa social, representados en Galicia por CEGASAL, entidade constituída en 1997 e referente na defensa deste modelo empresarial sen ánimo de lucro, empregan na actualidade arredor de 2.900 persoas traballadoras con discapacidade na comunidade, segundo datos oficiais. 

Estes centros teñen como finalidade a creación de emprego estable e de calidade para persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social, reinvestindo os seus recursos na propia finalidade social.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG urxe á Xunta a impulsar unha estratexia galega de saúde das mulleres con perspectiva de xénero

Os socialistas propoñen mellorar o diagnóstico de enfermidades infradiagnosticadas nas mulleres, impulsar a investigación biomédica…

07/03/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro denuncia a inoperancia da Xunta en rehabilitación de vivenda: “O plan Rexurbe fai de todo menos rexurdir”

O secretario xeral do PSdeG criticou en Tui que os catro inmobles que o IGVS…

07/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG advirte da “nefasta política industrial” de Rueda: baixa execución, cero planificación e “o gran engano de Altri”

Patricia Iglesias insistiu en reclamar o “memorando secreto” asinado entre a pasteira e a sociedade…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica a xestión do Igape “continuísta” por parte do PP, que “fracasa no impulso do salto estrutural que precisa a industria galega”

Patricia Iglesias alerta de que Galicia medra menos que España e reduce a produtividade, e…

06/03/2026
  • Actualidade

Besteiro propón no Parlamento unha declaración institucional en defensa da paz e do dereito internacional: “Non á guerra”

O líder socialista traslada aos grupos parlamentarios unha proposta para que a Cámara galega reclame…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a presentar canto antes o II Plan Galego contra a Trata, que acumula un ano de retraso

Paloma Castro reclámalle ao goberno galego que elimine as trabas administrativas que exclúen á maioría…

05/03/2026