Categorías: Actualidade

O PSdeG considera que os ceses en Medio Rural confirman o desastre da xestión de María José Gómez, coa responsabilidade directa de Rueda

O PSdeG considera que os ceses anunciados en Medio Rural confirman unha situación que os socialistas levan meses denunciando: o desastre da xestión da conselleira de Medio Rural, María José Gómez, marcada pola falta de planificación, o desorde e a improvisación permanente, coa responsabilidade política directa do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

 

A portavoz socialista de política forestal, Carmen Dacosta, lembrou que este verán arderon en Galicia 171.000 hectáreas, segundo os datos do sistema europeo Copernicus, unha cifra que evidencia “o fracaso das políticas de prevención e de xestión forestal impulsadas pola Xunta”.

 

Dacosta subliñou ademais que, a día de hoxe, o PLADIGA segue sen publicarse, malia que debía estar aprobado e en vigor antes do 31 de outubro, como marca a normativa. “Falamos dun instrumento básico para a planificación e a prevención de incendios e seguimos sen el despois dun dos veráns máis devastadores dos últimos anos”, advertiu.

 

“Os ceses que se anuncian agora non son ningunha sorpresa”, sinalou a portavoz socialista. “Son a confirmación de que algo se fixo mal e de que as advertencias que vimos facendo desde hai meses estaban máis que xustificadas”. Ao seu xuízo, chegan tarde e non afrontan o problema de fondo: “unha conselleira sen rumbo, avalada por un presidente que mira para outro lado”.

 

Desde o Grupo Socialista insisten en que Galicia non pode seguir reaccionando cando o dano xa está feito nin limitarse a cambios internos sen asumir responsabilidades políticas. Para Dacosta, o rural galego “necesita planificación, xestión e compromiso real co territorio, non parches nin ceses cosméticos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026