Categorías: Actualidade

O PSdeG celebra en Ferrol a lingua e chama á Xunta a defendela: “Hai que apostar polo galego de verdade, e iso vese nas contas”

O secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, compartiu con militantes e simpatizantes a primeira Foliada das Letras dos socialistas con motivo do día dedicado a Begoña Caamaño e reclamoulle a Rueda que mantivese vivo o espírito crítico da autora de “Morgana en Esmelle” facendo posibles uns medios públicos independentes

Militantes e simpatizantes socialistas compartiron hoxe xantar en Esmelle para celebrar o Día das Letras Galegas. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou na primeira edición da Foliada das Letras, que o partido organizou para celebrar o 17 de maio e reivindicar a lingua.

No ano que se homenaxea a Begoña Caamaño, os socialistas elixiron para o encontro a parroquia ferrolá que asumiu como algo propio a coincidencia do seu topónimo co do universo literario tanto de Cunqueiro coma da autora de “Morgana en Esmelle”. Xunto a Besteiro, participaron na festa, entre outros cargos públicos e do partido, a secretaria de Organización e deputada, Lara Méndez; a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López; a deputada Maria del Carmen Adrio, os deputados autonómicos Silvia Longueira, Aitor Bouza, Carmen Rodríguez Dacosta e Julio Torrado, o secretario provincial da Coruña, Bernardo Fernández, o de Ourense, Álvaro Vila, o ferrolán, Ángel Mato.

Previamente, Besteiro asistiu á sesión extraordinaria da Real Academia Galega en Santiago. Desde alí valorou a figura de Caamaño. “Hoxe homenaxeamos á vez a unha escritora, a unha xornalista, a unha feminista e a unha loitadora. Foi todo iso sen ter que escoller”, afirmou.

“Reescribiu a Circe, a Penélope e a Morgana porque sabía que os mitos non son neutros, e que había que devolverlles a voz ás mulleres ás que lla tiñan negada”, sinalou. Lembrou tamén como o fixo: “En galego, e dende unha radio pública que ela quixo independente e crítica”. Ao fío diso, reclamoulle a Rueda que atenda esa reivindicación. Para o líder socialista, quedarse na etiqueta de autora homenaxeada sabe a pouco. “Reducila a iso queda curto”, dixo.

Por outra banda, o líder socialista reclamoulle á Xunta máis investimentos en política lingüística. “A diferencia do País Vasco, onde se invisten case 90 euros por habitante, ou Cataluña, con 35 euros, en Galicia investimos só 6 euros”, lamentou un Besteiro que chamou a “facer moito máis” en defensa do galego. “Hai que apostar polo galego de verdade, e iso vese nas contas”, apuntou.

A foliada puxo fin á programación da Semana das Letras que desenvolveu o PSdeG. O grupo musical e de danzas do Toxos e Froles de amenizar a festa, e Susi Sampedro e Antón Coucheiro puxeron a nota de humor co seu show “Improletras”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG entrega este domingo en Ourense os VII Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez a Fademur Galicia e á investigadora Aurora Marco

O partido presentará en todos os concellos galegos unha moción para que a mestra Maruja…

04/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro a Rueda: “Ao mesmo tempo que vostede pedía eleccións para derrubar ao goberno, Pedro Sánchez traballaba para traer SAIC e emprego a Galicia”

O líder dos socialistas galegos reclámalle ao presidente da Xunta que “deixe a hipocrisía a…

03/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda que deixe de castigar aos concellos onde non goberna o PP e dote a Valdoviño do instituto que require o seu crecemento demográfico

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE pide a Rueda que levante o veto á reunión solicitada…

30/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a Xunta se nega a explicar o sistema “falaz” de cómputo de listas de espera sanitarias

Julio Torrado esíxelle ao xerente do Sergas que explique se unha espera de 9 meses…

28/05/2026
  • Actualidade

O Grupo socialista denuncia que a Xunta reduce as axudas para a contratación de mulleres de 7 a 2,5 millóns de euros

Carmen R. Dacosta lembra que as mulleres cobran de media 4.300 euros menos ao ano…

28/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia un “fraude de lei” por parte da CSAG ao contratar persoal á marxe do establecido no convenio e na normativa

Silvia Longueira alertou de que a antiga CRTVG está utilizando unha modalidade excepcional, a contratación…

28/05/2026