Categorías: Actualidade

O PSdeG acusa á Xunta de deixar “tirados” a en torno a 120.000 enfermos de covid persistente e insta a crear consultas de enfermería especializadas

Elena Espinosa advirte que co peche definitivo da unidade de enfermería de Ourense o goberno galego retíralle o apoio aos doentes desta enfermidade crónica, aos que obriga a “peregrinar” por diferentes especialistas

 

Sinala que entre o 10 e o 20 por cento dos enfermos de covid quedan afectados polo covid persistente e “precisan atención igual que calquera outra enfermidade crónica”

 

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que constitúa consultas de enfermería de covid persistente en tódalas áreas sanitarias. Espinosa urxe ao goberno galego a recuperar o apoio que precisan estes pacientes, que segundo os especialistas suporían en torno a 120.000 galegos e galegas aos que lles foi retirado definitivamente o apoio co desmantelamento da última unidade Covid que resistía en Ourense.

 

Espinosa considera incomprensible que o goberno galego teña deixado “tirados” aos doentes dunha enfermidade crónica recoñecida oficialmente dende o pasado mes de xullo e que precisan dunha atención integral. Reclamoulles que “escoiten aos afectados e actúen con responsabilidade” para garantirlles a atención digna, coordinada e continua que precisan, e reverter unha decisión improvisada dirixida polo único criterio do recorte orzamentario.

 

A responsable socialista explica que en Galicia houbo rexistrados 762.301 casos de covid, dos que entre o 10 e o 20 por cento derivaron en covid persistente e que segundo os expertos e as asociacións de pacientes podería supoñer en torno a 120.000 doentes nesta Comunidade Autónoma.

 

Esta doenza afecta a tódolos sistemas orgánicos, incluído o sistema cardiovascular, o nervioso, o endócrino, imnunolóxico, reprodutivo ou gastrointestinal, con síntomas como malestar xeral, dores musculares, astenia, falla de concentración ou fallos de memoria, entre outros.

 

As persoas afectadas precisan dunha atención multidisciplinar que antes viñan recibindo nas unidades específicas nas 7 áreas sanitarias de Galicia, pero foron deixadas de lado polo goberno galego a medida que o seu interese decaída. A última destas unidades, a de Ourense, foi desmantelada en febreiro do ano pasado, quedando unicamente o servizo de enfermería de referencia ata a súa eliminación definitiva hai uns días, abandonando aos pacientes.

 

Elena Espinosa alerta do baleiro asistencial ao que o goberno galego está a condenar a centos de pacientes en toda Galicia, negándolles recursos específicos e obrigando a unha longa peregrinaxe por distintos especialistas para atender brotes moi agudos e incapacitantes provocados pola enfermidade.

 

Reclámalle ao Sergas que garanta para estes pacientes a mesma atención que teñen outras enfermidades crónicas, e apunta que o desmantelamento das unidades “suporá custes sociais, económicos e humanos moito maiores o día de mañá”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026