Categorías: Actualidade

O PP veta no Parlamento a nosa iniciativa contra a instalación abusiva de parques eólicos na Baña e comarca e para acordar un novo modelo eólico con concellos e comunidades rurais

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha proposición non de Lei que presentou hoxe en Comisión parlamentaria para frear a instalación abusiva de parques eólicos e A Baña e comarca. A proposta instaba á Xunta a acordar un novo modelo eólico con concellos e comunidades rurais, mellorando a transparencia e a reversión de beneficios nos territorios afectados.

Martín Seco advertiu que co proxecto de troitomil -entre os concellos de A Baña e Negreira-, sumado aos parques que xa soportan, os converterían nos concellos cun maior número de parques eólicos de Galicia. Criticou que a Xunta faga caso omiso das alertas fronte á estratexia “descarada” da empresa de fraccionar en pequenos parques o que en realidade son unha única explotación para evitar así que sexa o Estado quen faga a declaración de impacto ambiental.

Ademais, no caso de troitomil, a poboación está claramente en contra do proxecto, incluído o PP local, ao que “non lle importa a incoherencia de rexeitar hoxe a iniciativa que antes apoiaron no concello”. O proxecto dispón dunha amplitude desproporcionada, segundo sinala o Concello, xa que ocupa 5 millóns de metros cadrados, incluíndo no seu interior varios núcleos de poboación, obviando ademais a Lei de montes, que impide construír sobre monte incendiado.

Falla de planificación e de información

Na súa intervención, dixo que “a falla de planificación, de información e de seguridade é o hábitat que desexa a Xunta para facer o que lle dea a gana” co sector eólico. Advertiu que “volvemos do verán e vemos como o goberno do PP segue de costas ao noso rural, que segue en pé de guerra pola actitude de desleixo que mantén o goberno galego” diante da proposta de trocar o plan sectorial eólico “completamente desfasado”.

Reclamou así un acordo da Xunta con concellos e comunidades rurais para un novo modelo eólico que supoña “unha aposta pola democratización do sector”. Tamén reclamou un novo plan sectorial eólico de Galicia, modificando a lexislación para mellorar os mecanismos de transparencia sobre a información e xestión dos proxectos eólicos, os instrumentos de participación coa cidadanía e concellos afectados.

O responsable socialista pediu garantías de equilibro nas negociacións entre propietarios e promotores eólicos, formulas de repercusión económica das instalacións nos concellos, e a defensa do patrimonio cultural e natural do territorio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista denuncia que 10.800 persoas faleceron en Galicia no último ano agardando pola prestación da Dependencia

Silvia Longueira advirte que o Tribunal Supremo obriga ao pago da Dependencia á familia dunha falecida   A portavoz de…

23/04/2024 18:36

O Grupo Socialista cualifica de “engano” a bolsa de estudo para as primeiras matrículas anunciada onte por Rueda

Critican o “xiro á ultradereita” do PP para “asumir o branqueamento do franquismo” e facer seguidismo das consignas negacionistas de…

23/04/2024 14:45

Besteiro esíxelle “máis ambición” a Rueda para ampliar a matrícula gratuíta aos estudos de Máster e fortaceler o financiamento das universidades

O portavoz do Grupo Socialista insta ao goberno galego a “poñerse as pilas” coa política de vivenda colaborando cos concellos…

22/04/2024 13:24

Besteiro reivindica o feminismo como “motor xerador de dereitos e liberdades” na entrega dos premios de Igualdade do PSdeG ás futbolistas Vero Boquete e Paula Dapena

O portavoz do Grupo Socialista critica que Rueda desprace á Igualdade das prioridades do goberno e incumpra a paridade, e…

20/04/2024 13:41

O Grupo Socialista reclamaralle á Xunta no primeiro Pleno do Parlamento que cubra a pista polideportiva do CEIP Pontesampaio de Pontevedra

Paloma Castro visita o CEIP para denunciar a falla de resposta do goberno diante da petición da comunidade educativa para…

19/04/2024 16:44

O Grupo Socialista esíxelle á conselleira do Medio Rural que pida perdón aos galegos e ás galegas e rectifique de inmediato

Carmen Rodríguez Dacosta considera "inaceptable" que a nova conselleira diga que os incendios forestais van "no ADN dos galegos e…

19/04/2024 13:25