Categorías: Actualidade

O PP rexeita deseñar un plan para avaliar as políticas públicas da Xunta

Pablo Arangüena censura a falla de xestión, avaliación e medición real da eficacia e eficiencia das políticas da administración autonómica galega

O PP rexeitou hoxe deseñar un plan para avaliar as políticas públicas da Xunta. Fíxoo na Comisión de Institucional do Parlamento, onde o deputado socialista Pablo Arangüena levou unha proposición non de lei neste sentido que foi votada en contra polo Partido Popular.

“Sen control de xestión na administración pública, sen avaliación e medición reais da eficacia e eficiencia das políticas da administración autonómica, é imposible garantir un certo nivel de resiliencia que se demostra imprescindible ante fenómenos como a pandemia que estamos a vivir ou crises máis estruturais como a asociada á emerxencia climática ou aos cambios económicos e sociais do século XXI”, sentenciou o dirixente socialista.

Ao fío disto, Arangüena sinalou a “necesidade dun cambio de paradigma na xestión do público en Galicia” cando ademais “é a décimo cuarta comunidade entre as dezasete do Estado en materia de calidade de goberno, moi por debaixo da media estatal”, segundo o Índice Europeo de Calidade de Goberno elaborado pola Universidade de Gotemburgo.

“É a cuarta edición deste índice e, na primeira, do ano 2010, Galicia figuraba na segunda posición en España, pero nas 3 seguintes, coincidindo cos mandatos de Feijóo, caemos en picado pasando ás últimas posicións”, lembrou o socialista.

Neste sentido, Arangüena sinalou como “inconcibible que o sector público galego, que emprega a máis xente e ten máis orzamento que calquera empresa de Galicia, non teña un control de xestión nin sequera remotamente parecido ao que teñen as grandes empresas e organizacións, que miden e controlan os seus custes, establecen indicadores de resultados para medir o éxito ou fracaso do seu desempeño e, en base a este sistema de medición e control, avalían alternativas e definen as súas estratexias”.

“A Xunta carece de calquera tipo de estratexia máis alá de ir tirando ata as próximas eleccións e producir propaganda a nivel industrial”, sentenciou.

Por todo isto, o dirixente socialista urxiu o goberno galego que deseñe un plan de control de xestión de eficacia e eficiencia das políticas autonómicas dotado cos correspondentes medios e persoal que permita “afrontar mellor” a actual crise e calquera que se poida producir no futuro, así como optimizar os recursos públicos escasos.

“A administración autonómica é o instrumento principal das políticas públicas en Galicia e do seu bo funcionamento dependen, en gran medida, o presente e o futuro do noso país”, subliñou. “Os recursos públicos son escasos”, incidiu, e “a diferencia entre usalos ben ou mal pode ser que moita xente quede na cuneta ou non”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro compromete unha oposición “firme e construtiva” afastada da “pouco edificante” estratexia “destrutiva” do PP en Madrid

O portavoz do grupo Socialista apunta que a Xunta “terá que informar” sobre a viabilidade ambiental e económica do proxecto…

25/03/2024 13:40

Besteiro desafía a Rueda a apoiar os Orzamentos no Estado e subliña que Galicia recibirá unha transferencia histórica de máis de 10.000 millóns de euros

Presenta o máximo de avais como candidato á secretaría xeral do PSdeG no último trámite antes da súa proclamación definitiva…

22/03/2024 13:33

Os socialistas galegos apoian na eurocámara o novo Regulamento que reforza a prevención e loita contra os vertidos de pélets plásticos

Nicolás González Casares sinala que o informe ratificado pola Comisión de Medio Ambiente obriga a adoptar medidas para previr, conter…

19/03/2024 15:25

Besteiro compromete unha oposición “con ambición de país” que dea “voz a tódalas galegas e galegos en deixar a ninguén atraś”

O responsable do Grupo Socialista sinala que a presenza de Patricia Iglesias como vicesecretaria da Mesa representa a pluralidade da…

18/03/2024 13:47

José Ramón Gómez Besteiro é o único candidato á Secretaría Xeral do PSdeG

Rematado o prazo previsto para  presentación de candidaturas, comeza o proceso de recollida de avais, que se prolongará ata o…

14/03/2024 15:12

A Executiva do PSdeG aproba o calendario de primarias e o Congreso Extraordinario

Este luns ábrese o proceso de presentación de precandidaturas ás primarias para secretario xeral do PSdeG   A xornada de…

09/03/2024 11:49