Lara Méndez considera que as iniciativas do goberno galego son “insuficientes” para chegar ao obxectivo da redución do 50 por cento en 2030 fixado pola UE
A portavoz de Medio Rural e Consumo do Grupo Socialista, Lara Méndez, reclamoulle hoxe á Xunta que “pasen do postureo á acción” para acadar o obxectivo marcado pola UE de reducir o desperdicio alimentario nun 50 por cento en 2030. Méndez presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura e Alimentación do Parlamento na que alertou de que as medidas aplicadas polo goberno galego son “insuficientes”.
Méndez cuestionou as iniciativas do goberno galego, limitadas a impoñer “tuppers reutilizables, bolsas para separar residuos e convenios coa hostalería”, cando “hai que pasar de accións simbólicas a políticas estruturais”. Reclamou así datos fiables cando Galicia carece de planificación e de avaliación por parte do Executivo, o que está a provocar unha excesiva perda de produción, polo que reclamou actuar “en tódalas fases da cadea alimentaria”.
Reclamoulle ao goberno galego que aplique o marco normativo estatal con claridade, seguridade e en colaboración coas entidades sociais, así como campañas de información e formación dirixidas a produtores, empresas, restauración e consumidores para fomentar a “cultura do aproveitamento”. Ademais, propuxo liñas de axudas para conservación e almacenamento que reduzan a perda de excedentes alimentarios.
Subliñou que Galicia “ten capacidade, talento e un sector primario potente e de calidade que merece políticas públicas á altura” do reto que, dixo, supón un “acto de xustiza social, de respecto polo traballo do campo e de responsabilidade ambiental”. Resumiu que “cada alimento que se tira é terra, auga, enerxía e esforzo, e cada un que se aproveita é unha oportunidade para reducir emisións, incrementar a eficiencia e apoiar aos produtores”.
Paloma Castro sinala que a reforma da Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei…
En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto…
A viceportavoz segunda do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, comezou a intervención…
Os secretarios xerais galego e ferrolán participarán mañá en Madrid nos actos con motivo do…
Carmen R. Dacosta lamenta que o goberno galego “segue sen ter aprendido nada” da vaga…
Desde o Grupo Socialista reclámase un cambio radical de enfoque: Galicia debe integrar a universidade,…