Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista presenta máis de 50 emendas á lei de IA do PP, que só é “propaganda e postureo”

Lara Méndez criticou que o texto ten “moitas carencias e algunhas barbaridades”, como liquidar cunha simple mención xenérica o uso do galego ou obviar o dereito á propiedade intelectual

Julo Abalde reprochoulle ao Goberno de Rueda que a lei “é corta, non é ambiciosa e non vai solucionar, nin mellorar, nin impulsar o sector da IA en Galicia”, e por ese motivo constitúe “unha oportunidade perdida”

O Grupo Socialista vén de presentar máis de medio centenar de emendas ao proxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia. Faino logo de rexistrar en xaneiro unha emenda á totalidade dun texto que, segundo afirmou hoxe Lara Méndez, é “propaganda e postureo”. A viceportavoz socialista compareceu hoxe xunto ao deputado Julio Abalde para detallar o contido desas modificacións, a través das que os socialistas pretenden mellorar unha norma que ten “moitas carencias e algunhas barbaridades”.

“Queremos poñer un mínimo de sentido e orde nun texto certamente calamitoso”, dixo Méndez. Na súa intervención criticou que hai dous meses Rueda, “con moita présa e pouco traballo detrás”, se apresurara a anunciar que Galicia se convertiría na primeira rexión de Europa en regular a IA. Iso si, “na liña das políticas do PP”, con exemplos como liquidar o emprego da lingua galega nos sistemas de IA cunha simple “mención xenérica” e sen medidas concretas que faciliten ou incentiven o seu uso. En canto a dereitos, “obvia os referidos á propiedade intelectual” e deixa desprotexidas ás persoas que crean contidos.

Esas e outras eivas, dixo a parlamentaria do PSdeG, son as que hai que corrixir “para dispor dunha norma, cando menos, aceptable”. Porén, expresou a súa preocupación por que o PP o impida, xa que “ao único que aspira é a cumprir ese obxectivo marquetiniano de aprobar a primeira lei, non unha boa lei”.

Abalde insistiu en que os problemas detectados no texto legal que presentou o PP “son moitos e de moi diferente natureza”. Aos que xa mencionou Lara Méndez, sumou que pasa por alto a potencialidade do Centro de Supercomputación de Galicia e da computación cuántica, “que non existe para esta lei”. Trátase de algo “importante”, por canto estar nas redes europeas vai permitir dispor de bancos de datos potentes e espazos de proba que serán xestionados polo Cesga e, por tanto, ter a oportunidade de aspirar “ás fábricas de IA que se citan na lei, pero que despois non se articulan de ningunha maneira”.

Sen mecanismos de colaboración coa Aesia

Por outra banda, a Axencia Española de Supervición da Intelixencia Artificial, con sede en Galicia, só se cita “nun parágrafo do preámbulo”. A Aesia ten entre as súas competencias xestionar o regulamento europeo de IA, “que é o que realmente vai regular” todo o relacionado coa intelixencia artificial, sobre todo os incumprimentos graves “dos dereitos da cidadanía que esta lei se di que quere defender”. Porén, “non artella ningún tipo de mecanismo de colaboración ou participación nas actividades da Aesia”.

O resultado é que se trata “dunha declaración de intencións baleira, sen contido, dun texto xenérico e indeterminado”, afirmou Julio Abalde, que ve “preocupante” o que considera “unha oportunidade perdida para impulsar de verdade un sector innovador” na comunidade. Esta lei non ten ningunha medida que favoreza a creación do ecosistema necesario para desenvolver empresas no sector da IA ou da ciberseguridade”, afondou.

A norma do PP non proporciona ningunha ferramenta para protexer de perigos “como a utilización inadecuada da IA, as fake news, o mal uso da información nas redes sociais, o ciberacoso, o ataque aos dereitos persoais, a vulneración da intimidade… Iso non existe”, lamentou o deputado do PSdeG.

Pola contra, insistiu na necesidade de que Galicia dispoña dunha lei “moito máis concreta, que actúe como axente impulsor da economía e contribúa a manter o sector tecnolóxico”. Ao mesmo tempo, debería “garantir a seguridade xurídica e os recursos legais que precisan as situacións non contempladas xa no regulamento europeo”. A norma “é corta, non é ambiciosa e non vai solucionar, nin mellorar, nin impulsar o sector”, resumiu Julio Abalde.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026