Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que instale a cuberta do exterior do IES de Mos para convertelo “nun verdadeiro espazo educativo”

Elena Espinosa reclámalle ao goberno galego que libere os orzamentos necesarios para poñer en marcha o ciclo medio de guía do medio rural e de tempo libre no centro

 

A parlamentaria socialista Elena Espinosa esixiulle á Consellería de Educación que instale a cuberta do patio exterior do IES de Mos, para que se converta “nun verdadeiro espazo educativo”. Espinosa presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía na que lle reclamou ao goberno galego que asuma as súas responsabilidades e leve adiante esta intervención necesaria e amplamente demandada pola comunidade educativa.

 

A responsable socialista reclamoulle a Educación “coherencia” cos seus propios anuncios, e lembrou neste sentido que o Plan de Arquitectura Pedagóxica, elaborado en 2021, inclúe por escrito a necesidade dos patios cubertos nos centros educativos. Lembrou que esta actuación, necearia dende a construción do centro hai 30 anos, foi reclamada dende o propio Concello de Mos no ano 2021 a través dunha moción aprobada no Pleno.

 

Espinosa criticou que a directora xeral de Formación Profesional dera hoxe a calada por resposta ao negarse a comprometer esta obra. Subliñou que a comunidade educativa coincide en reclamar a cuberta, xa que o espazo exterior do centro constitúe un espazo educativo fundamental “tanto para a mellora da saúde e o benestar como para as aprendizaxes ao aire libre e para os espazos de socialización”.

 

Ciclo formativo

 

Lamentou tamén que deran hoxe “largas” á petición do Grupo Socialista, que reclamaba liberar orzamento para poñer en marcha de forma inmediata un ciclo formativo en Guía do mundo rural e de tempo libre. Explicou que este Concello conta cun patrimonio natural, cultural e paisaxístico único, que constitúe “unha fonte de oportunidades económicas e de emprego sostible”, polo que se fai “imprescindible” contar con profesionais formados.

 

Resumiu que ampliar a oferta formativa con este ciclo permitiría fixar poboación no medio rural ao ofrecer alternativas á xente moza, potenciar o turismo activo e sostible, axudando a diversificar a economía local e aproveitar uns recursos naturais “infrautilizados”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro condiciona o apoio socialista aos Orzamentos á inclusión de cinco medidas para devolver xustiza social a unhas contas feitas para o 4% que máis ten

O líder socialista levou ao Parlamento a voz das 22.700 persoas sen vivenda pública, das…

17/11/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro chama a erguer Galicia fronte á onda reaccionaria e reivindica ao PSdeG como o dique democrático que garante igualdade e futuro

O líder socialista criticou que Alfonso Rueda “deixou de exercer como presidente de Galicia para…

15/11/2025
  • Actualidade

O Grupo socialista reclámalle á Xunta “pasar do postureo á acción” para reducir o desperdicio alimentario

Lara Méndez considera que as iniciativas do goberno galego son “insuficientes” para chegar ao obxectivo…

14/11/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia no Parlamento a “moratoria flexible” do eucalipto coa que Rueda rompe co compromiso de protección do monte

Carmen R. Dacosta acusa á Xunta de ocultar ata onte os datos que confirman o…

14/11/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda dende Bruxelas que reoriente os fondos Feder a políticas de vivenda para combater a emerxencia habitacional

A vivenda foi un  asunto prioritario nas reunións de Besteiro na Comisión e no Parlamento…

14/11/2025
  • Actualidade

O Grupo socialista apoia a reivindicación do deporte galego diante da “improvisación e falta de diálogo” da Xunta na xestión das alertas meteorolóxicas

Paloma Castro leva ao Parlamento a reclamación do deporte galego para revisar o protocolo que…

14/11/2025