Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que acorde coas forzas e corpos de seguridade o dispositivo para a atención hospitalaria segura dos presos da Lama no novo Montecelo

 

Paloma Castro sinala que o módulo de hospitalización penitenciaria no que son atendidos está situada no provincial pero teñen que ser trasladados ao Montecelo cando precisan de atención hospitalaria

 

A portavoz de Xustiza e Interior do Grupo Socialista, Paloma Castro, reclamoulle hoxe á Xunta que garanta a atención hospitalaria “especializada, segura e ben equipada” para os reos de Pontevedra. Castro presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade para esixirlle ao goberno galego que acorde coas forzas de seguridade o dispositivo para a atención sanitaria dos presos no novo Gran Montecelo.

 

Castro explicou que a Unidade de Alto Risco -UAR- na que son atendidos atópase no Provincial, pero cando precisan de atención especializada teñen que ser trasladados ao Montecelo, obrigando a destinar dous axentes e un vehículo, e ocupando espazos que non poden ser utilizados polo resto dos doentes. Malia que o goberno galego anunciou a creación dunha UAR no antigo Montecelo, isto non sucederá ata dentro dun mínimo de 5 anos, cando remate a obra da segunda fase.

 

Sinalou que “non podemos permitir o agravio” que supón para a Policía Nacional que a Unidade de Alto Risco estea no provincial e teñan que trasladar aos reos ao Montecelo, e “moito menos que se prolongue varios anos máis”. Reclamoulle ao goberno galego que “poñan o foco” e garantan unha solución “máis rápida, aínda que sexa temporal”, xa que “a saúde e a seguridade non son incompatibles”, e deben garantir este dereito “sen comprometer a seguridade do hospital.

 

Advertiu que os sindicatos policiais están “preocupados” porque descoñecen a ubicación e as características da futura UAR, xa que o Sergas “non mantivo ningunha xuntanza con eles”. Explicou que as especificidades desta unidade requiren ter en conta moitos aspectos de seguridade ou privacidade para a súa ubicación que “deben ser consensuados con representantes das Forzas e Corpos de Seguridade.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro reclámalle a Rueda que manteña vivo o espíritu crítico de Begoña Caamaño cuns medios públicos independentes

O secretario xeral do PSdeG participou no acto da Real Academia Galega polo Día das…

17/05/2026
  • Actualidade

Besteiro: “Xa non hai escusas para que Alcoa non inicie a construción do forno de cocción de ánodos”

Asegurou, despois de que hoxe se reunise a comisión de seguimento do acordo de viabilidade…

15/05/2026
  • Actualidade

González Casares esíxelle á Xunta “un proceso claro de participación pública e diálogo” cos afectados pola planta de biogás de Soandres -A Laracha-

O europarlamentario galego mantén un encontro coa Plataforma de veciños e veciñas contrarios ao proxecto…

15/05/2026
  • Actualidade

O Goberno galego leva dous anos consecutivos desviando 100 millóns de euros dos orzamentos do Plan Galego de Investigación

Aitor Bouza acusa ao PP de facer “enxeñería fiscal” co orzamento que precisan os investigadores…

15/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG reclama ampliar categorías profesionais na Atención Primaria, multiplicar a plantilla e modernizar un sistema “de hai 30 anos”

Julio Torrado sostén que ao titular da carteira se lle está poñendo “cara de Florentino…

15/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG traslada o “apoio, agarimo e afecto” á vítima da agresión homófoba da pasada noite en Santiago e sinala que en Galicia “non hai espazo para o odio nin para a violencia”

Aitor Bouza traslada a “máxima condena e repulsión” dos socialistas galegos contra as actitudes violentas…

13/05/2026