Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas mentres o centro dexeneraba nunha situación estrutural “case catastrófica”

A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta esixiulle hoxe á Xunta que ofreza “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense que comprometeron en 2023 e que a día de hoxe nin sequera figura no Orzamento da Xunta. Acuña responsabilizou á Xunta de ter deixado que o centro caera nunha situación estrutural “case catastrófica”.

A responsable socialista denunciou o desleixo do goberno galego, que nin sequera reforzou o mantemento ordinario do centro, que se agravou ata afectar á seguridade, á saúde e ao benestar emocional de nenos e nenas moi novos. Dacosta defendeu no Parlamento as demandas da comunidade educativa do centro, avalada por máis de 600 sinaturas de veciños e veciñas que presentan un relatorio de “feitos graves” para os usuarios do centro.

Trátase, dixo, de aulas pechadas pola entrada de auga, filtracións recorrentes dende a cuberta, problemas graves na instalación eléctrica, un sistema de calefacción deficiente que obriga ao alumnado a ficar nas aulas cos abrigos postos, baños en estado deficiente e falla das condicións mínimas de seguridade.

Criticou que o goberno galego atendeu estas peticións en 2023, pero “optando polo anuncio en lugar da execución”, xa que malia que comprometeran que en 2024 licitarían a reforma integral do inmoble, a realidade é que en 2026 responderon con “inacción”. Lembra que as únicas reparacións provisionais foron realizadas por iniciativa do Concello ou mesmo do claustro de profesores, que chegou a pintar o patio e mellorar os espazos comúns cos seus propios recursos.

A parlamentaria socialista esixiulle á Consellería de Educación que atenda a esta “demanda xusta da comunidade educativa” e ofreza unha data de licitación da reforma integral do centro, con partida orzamentaria concreta que libere fondos para unha actuación que, apuntou, “non é unha opción, é unha obriga” coa comunidade educativa deste centro público.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG urxe á Xunta a impulsar unha estratexia galega de saúde das mulleres con perspectiva de xénero

Os socialistas propoñen mellorar o diagnóstico de enfermidades infradiagnosticadas nas mulleres, impulsar a investigación biomédica…

07/03/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro denuncia a inoperancia da Xunta en rehabilitación de vivenda: “O plan Rexurbe fai de todo menos rexurdir”

O secretario xeral do PSdeG criticou en Tui que os catro inmobles que o IGVS…

07/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG advirte da “nefasta política industrial” de Rueda: baixa execución, cero planificación e “o gran engano de Altri”

Patricia Iglesias insistiu en reclamar o “memorando secreto” asinado entre a pasteira e a sociedade…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica a xestión do Igape “continuísta” por parte do PP, que “fracasa no impulso do salto estrutural que precisa a industria galega”

Patricia Iglesias alerta de que Galicia medra menos que España e reduce a produtividade, e…

06/03/2026
  • Actualidade

Besteiro propón no Parlamento unha declaración institucional en defensa da paz e do dereito internacional: “Non á guerra”

O líder socialista traslada aos grupos parlamentarios unha proposta para que a Cámara galega reclame…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a presentar canto antes o II Plan Galego contra a Trata, que acumula un ano de retraso

Paloma Castro reclámalle ao goberno galego que elimine as trabas administrativas que exclúen á maioría…

05/03/2026