Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Xunta a colaborar e corresponsabilizarse coa aplicación do acordo con Mercosur con medidas de apoio á gandería

Lara Méndez reclama “responsabilidade, rigor e firmeza” das administracións, que deben garantir a eficiencia nos controis, o uso real das ferramentas que habilita o acordo e demostrar capacidade de reforzo do mercado interno de carne en Galicia.

 

A portavoz de Agricultura e Gandería do Grupo Socialista, Lara Méndez, apuntou hoxe que a Xunta debe de implicarse no cumprimento responsable e estrito do acordo con Mercosur, que “non ten por que ser malo para Galicia”. Méndez criticou a resposta “curtopracista e populista” fronte a este acordo e reclamou unha resposta pragmática para “potenciar os pros e minimizar as contras”.

 

A responsable socialista comparou as críticas fronte a este acordo cos “medos e incertidumes” provocados pola aplicación das cotas lácteas en 1984, cando o BNG pasou de consideralas como un obstáculo para o sector a participar en 2015 nas protestas para evitar o fin daquela medida.

 

Méndez puxo en valor a negociación do acordo na que o PSOE conseguiu que Bruxelas rebaixara ata o 5 por cento as cláusulas de salvagarda, o que “pode ser relevante para Galicia”. Isto supón que se os prezos caen por baixo do 5 por cento ou as importacións de carne aumentan en máis desta porcentaxe a Comisión Europea pode intervir suspendendo as preferencias arancelarias.

 

Reclama “responsabilidade, rigor e firmeza” das administracións, que deben garantir a eficiencia nos controis, o uso real das ferramentas que habilita o acordo e demostrar capacidade de reforzo do mercado interno de carne en Galicia, onde “a Xunta de Galicia ten moito que dicir e aportar”. Diante do “malestar e preocupación” do sector, reclamou unha aplicación clara e responsable do acordo, garantindo os estándares sanitarios, medioambientais e de benestar animal no produto.

 

Sinalou que “o problema para o sector gandeiro non é cuantitativo, senón cualitativo”, xa que as importacións autorizadas cos aranceis reducidos apenas supoñen o 1,5 por cento da produción de vacún, o 1,3 por cento das aves e o 0,1 por cento de porcino. Emprazou a levantar a garda para que non se produza unha rebaixa dos prezos marxinais no produto agrario, derivada da dependencia da UE da proteína vexetal que consume a cabana gandeira.

 

Lara Méndez emprazou a “avanzar nunha estratexia europea de autosuficiencia alimentaria”, cunha aposta decidida polo incremento da superficie agraria útil para aumentar a autonomía, así como mercados estables de subministración que eviten as subas e baixas repentinas de prezos nos custes de produción nun contexto incerto pola guerra arancelaria aberta polos Estados Unidos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026