Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que o PP reforza a súa estratexia de usar a televisión e a radio públicas para a súa “publicidade e propaganda”

Silvia Longueira criticou o nomeamento dunha persoa vencellada aos gabinetes de comunicación do último Goberno de Fraga para dirixir os medios públicos galegos

O nomeamento dunha persoa vencellada “á ideoloxía e ás directrices do PP” afonda na estratexia dos populares de converter os medios públicos en “publicidade e propaganda, como veñen facendo nos últimos dezaséis anos”.

A deputada Silvia Longueira denunciou hoxe que, nunha decisión “unilateral”, o Partido Popular propuxese para dirixir a televisión e a radio públicas galegas a unha periodista que estivo á fronte do gabinete de comunicación dunha consellería durante último Goberno de Fraga. Advertiu tamén que a mesma profesional tivo ao seu cargo o departamento de información e documentación dunha TVG “que acadou no último ano os seus peores resultados de audiencia”.

“Que supón este nomeamento?”, preguntouse a deputada do PSdeG, que explicou que o PP non atendeu as propostas do Grupo Socialista en canto ao perfil do futuro ou futura responsable dos medios de comunicación autonómicos. “Ninguén pode esperar que a Radio Galega e a TVG desenvolvan agora órganos que garantan a veracidade das informacións e a imparcialidade como bandeiras”, alertou como resposta.

Longueira enviou “todo o apoio do PSdeG” aos traballadores e traballadoras tanto da Televisión de Galicia como da radio pública, “que levan mantendo a maior folga de España, con máis de 360 venres negros”. “Tedes o noso apoio e forza para que este país poida chegar á liberdade de información e de expresión nos medios públicos”, insistiu dirixíndose aos profesionais da CRTVG.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a falla de información da Xunta provoca que o 40 por cento dos galegos que poderían recibir axuda á Dependencia non a pidan

Silvia Longueira lamenta que o goberno galego evita dedicar recursos “de forma sistemática e seria…

19/06/2025
  • Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para emprazar á Xunta e ao Concello de Oleiros a que acorden a mellora da seguridade na estrada que cruza o Couto

Julio Abalde reclama que “deixen de utilizar aos veciños e veciñas como arma arreboladiza” e…

19/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista sinala que o director xeral da CRTVG despídese logo de desbotar unha xeración enteira de xornalistas pola “censura, manipulación informativa e represión interna”

Silvia Longueira denuncia que nos últimos 16 anos “roubóusenos a Galicia a oportunidade de ter…

18/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de politizar a designación de directores e directoras territoriais antes reservada a empregados públicos

Patricia Iglesias advirte que queren impoñer unha administración “colonizada por cargos políticos” e consolidar as…

18/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia a “equidistancia” do PP logo de que rexeiten no Parlamento unha proposta de apoio ao pobo palestino e contra a actuación de Israel

Paloma Castro reclámalle ao PP que atenda á petición unánime da poboación que se está…

18/06/2025
  • Actualidade

Besteiro insta a Rueda a sumarse ao plan de vivenda do Goberno e defender así os intereses dos galegos e galegas, “e non os de Feijoo”

O secretario xeral do PSdeG sinalou que o Estado incorporará 380 millóns de euros a…

18/06/2025