Julio Abalde critica que logo de dous anos de terse comprometido non hai “nin proxecto, nin ampliación, nin dique, nin pantaláns”, evidenciando que o anuncio era “fume electoral”
O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, criticou hoxe que o PP evite comprometer unha data para executar a ampliación do porto de Lorbé, en Oleiros. Así o dixo logo de que votaran en contra da proposta que levou á Comisión de Pesca que se celebrou hoxe na que o parlamentario socialista reclamáballe á Xunta que puxera en marcha este mesmo ano as obras da ampliación do espigón e os pantaláns.
O responsable socialista rexeitou durante o debate a emenda que presentou o PP na que quitaban o compromiso de licitar as obras ou o proxecto en 2025 porque, dixo, “os veciños de Oleiros queren certezas e saber que este mesmo ano comezan as obras”. Abalde acusou ao goberno galego de empregar os compromisos orzamentarios con “fins electorais”.
Lembrou que o goberno galego anunciara a ampliación do dique e os pantaláns en maio de 2023, dous días antes das eleccións municipais, pero dous anos despois non moveron un papel e non hai “nin proxecto, nin ampliación, nin dique, nin pantaláns”. Criticou que Portos “segue sen concretar” a obra, evidenciando que a obra “tan anunciada e tan oportunamente prometida só era fume electoral”.
Abalde levou ao Parlamento esta actuación “necesaria e sempre reclamada pola confraría de Lorbé”, e subliñou que a ampliación do espigón é “imprescindible para aumentar o abrigo e a protección dos barcos”, que nos días de temporal “teñen que refuxiarse en Sada ou na Coruña”. Lembrou ademais que os pescadores locais contan co compromiso, malia que incumprido, de novos pantaláns para ampliar os amarres.
O parlamentario socialista reclamoulle ao goberno galego que cumpra co seu compromiso e execute este mesmo ano o proxecto que puxeron enriba da mesa en 2023 e que supostamente acordaran coa confraría de pescadores.
A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez e a secretaria de Igualdade do partido, …
Silvia Longueira urxe ao goberno galego a executar canto antes a dragaxe deste porto de…
Carlos López Font denunciou que o cambio normativo facilitou a discrecionalidade: “A Xunta decide unilateralmente…
Paloma Castro sinala que o goberno galego está a demostrar que “nin xestión pública, nin…
Paloma Castro sinala que a reforma da Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei…
En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto…