Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a falla de información da Xunta provoca que o 40 por cento dos galegos que poderían recibir axuda á Dependencia non a pidan

Silvia Longueira lamenta que o goberno galego evita dedicar recursos “de forma sistemática e seria para informar”

 

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, advertiu hoxe que o 40 por cento de galegos e galegas que poderían recibir axuda á Dependencia non a pidan porque a Xunta non lles quere informar. Longueira presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade do Parlamento para esixirlle ao goberno galego que cumpra coa súa obriga e informe á cidadanía dos seus dereitos.

 

A responsable socialista advertiu que o argumento do goberno galego, que se limita a sinalar que a información está na sede electrónica da Xunta, non xustifica que teñan desinformada a un sector da poboación que precisamente ten complicado acceder á información pola vía dixital. Explicou que Galicia ten hoxe 700.000 persoas maiores de 65 anos, moitas delas por riba dos 80, que ou ben xa precisan ou en pouco tempo precisarán do dereito á Dependencia.

 

Dixo que 4 de cada 10 destas persoas maiores que si teñen dereito á Dependencia simplemente non a solicitan porque non están informadas, tal e como sinala un informe da Asociación de directoras e xerentes de Servizos Sociais. Este estudo coincide coas conclusións da Valedora do Pobo e do Consello Económico e Social alertando da necesidade de que o goberno galego despregue campañas informativas para que a poboación coñeza os seus dereitos.

 

Longueira engadiu que ademais da Valedora tamén os traballadores sociais alertaron de que na última Lei de Acompañamento aos Orzamentos, o PP suprimiu dende o goberno a presenza destes profesionais ao inicio da solicitude da Dependencia, deixando desatendidas a milleiros de persoas maiores e dependentes de Galicia. Subliñou que “se non informan e non acompañan, o dereito non está garantido”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

O PSdeG percorre Galicia con DESDE-A-MARXE para dar visibilidade á cultura que queda fóra dos grandes circuítos

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, e  a deputada responsable de…

16/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG leva ao Parlamento a voz dos case 400.000 galegos e galegas atrapados nas listas de espera sanitarias pola parálise da Consellería

A deputada Elena Espinosa denuncia que os tempos de espera son os peores da última…

15/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG critica o “silencio cómplice” de rueda ante a guerra e esíxelle que se sitúe do lado da paz e do dereito internacional

Lara Méndez insta a Rueda a facer menos seguidismo de Feijóo e reclámalle ao goberno…

14/03/2026
  • Actualidade

A Xunta segue sen pagar as axudas “de emerxencia” para alimentación de gando e apoio aos apicultores nas zonas afectadas polos lumes de agosto

Carmen R. Dacosta esixe “menos burocracia e máis rapidez nas axudas” para os gandeiros que…

13/03/2026
  • Actualidade

Méndez denuncia que a Xunta non ten nin un só Plan concreto para defender o campo galego fronte ao recorte da PAC e o acordo Mercosur

A deputada socialista esixe ao director xeral da PAC de Medio Rural que deixe de…

13/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que o “desacordo entre PP e BNG na elección do vicevaledor do pobo provoca o “bloqueo” e “desprestixio” da institución

Aitor Bouza aféalles a exclusión do Grupo Socialista no proceso de diálogo para a renovación…

13/03/2026