Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia os recortes de Rueda en partidas orzamentarias relacionadas coa inclusión social

Silvia Longueira defendeu que a inclusión “non pode depender de programas ocasionais ou medidas improvisadas”

A deputada socialista Silvia Longueira defendeu hoxe en comisión parlamentaria o fortalecemento das medidas de inclusión social fronte aos recortes que está acometendo o Goberno de Rueda en determinadas partidas orzamentarias relacionadas con esas políticas. Longueira sinalou descensos coma o do 4,7 % nos cartos destinados aos servizos sociais comunitarios ou o do 40,51 % nos que se dedican a servizos xerais de promoción social.

A parlamentaria do PSdeG criticou, por outra banda, a aposta da Xunta polos bonos e axudas puntuais, presentadas como políticas sociais, pero que en realidade agochan unha deriva asistencialista que confronta directamente coa filosofía dos dereitos sociais universais. “Co incremento dos bonos coidado, bonos familia, entramos nun modelo de servizos sociais que nos está afastado do individuo e, por tanto, do servizo social per se”, afirmou.

Longueira tamén lembrou o descenso dos recursos destinados a conciliación, cunha baixada dun 0,3 %, ou á economía social, que caen un 0,31 %. É unha medida esta última que ataca “á liña de flotación do sector da discapacidade”, advertiu.

Reforma legal e cambio de modelo

Silvia Longueira defendeu tamén que “un país no que arredor de unha de cada cinco persoas está en risco de pobreza ou exclusión non se pode conformar co modelo actual”, polo que demandou unha reforma da Lei de Inclusión Social. “A inclusión non pode depender de programas ocasionais ou medidas improvisadas”, insistiu, e engadiu: “Debe ser unha prioridade política real e non unha declaración retórica”.

A portavoz socialista de Política Social reclamou medidas “que vinculen os ingresos mínimos á realidade social galega”, como permitir a compatibilidade co emprego, “porque traballar debe ser sempre unha vía para saír da pobreza e non un motivo para perder a protección social”. Nese senso, apuntou que Europa está a impulsar modelos de renda mínima activa.

Por último, demandou a incorporación de medidas relacionadas coa vivenda dentro das políticas de inclusión. “É unha peza clave, e por iso todos os programas que falan de inclusión sinálana como a primeira medida para sacar á xente da exclusión”, asegurou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que “a saúde mental en Galicia é un dereito privatizado” reservado “a quen pode pagarse unha consulta”

Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…

22/04/2026
  • Actualidade

Dacosta: “Brigadas de 1.200 euros e tres meses de contrato mentres 200 millóns de prevención quedan sen executar, así funciona o PP”

A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…

22/04/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia a “censura franquista” da Xunta a un encontro de educadores por falar do xenocidio de Gaza

Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia “uso discrecional e partidista” do canon da auga por parte do PP e esixe reverter a metade da recadación nos concellos de orixe

Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…

21/04/2026
  • Actualidade

Lara Méndez critica a convocatoria dunha praza pública da Xunta que “parece feita á medida” da concelleira tránsfuga de Lugo, e que de demostrarse “non é política: é corrupción”

Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…

21/04/2026