Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia a “equidistancia” do PP logo de que rexeiten no Parlamento unha proposta de apoio ao pobo palestino e contra a actuación de Israel

Paloma Castro reclámalle ao PP que atenda á petición unánime da poboación que se está a manifestar en contra da barbarie, apoio á legalidade internacional e defensa da dignidade humana

 

A portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Paloma Castro, criticou a “equidistancia” amosada polo PP co conflito da Franxa de Gaza, logo de que hoxe rexeitaran unha proposta socialista de apoio ao pobo palestino e contra a actuación de Israel. Castro presentou unha proposición non de Lei para reclamar o cese inmediato da violencia e o respecto do dereito internacional e aos dereitos humanos que foi rexeitada polo PP.

 

Advertiu que o atentado de Hamás “non ten xustificación”, pero engadiu que “a resposta non pode ser o exterminio dunha poboación” a través dunha “limpeza étnica e un xenocidio só comparables co que fixo Hitler cos xudeus na II Guerra Mundial”. Emprazou así ao PP a apoiar ao pobo palestino e condenar a actuación de Israel provocando a maior catástrofe humanitaria do século XXI porque é “incomprensible e intolerable” que “alguén poida obviar o que está a pasar”.

 

Castro considera incomprensible a negativa do PP a esixir o cesamento das hostilidades contra a poboación civil, e advertiu que “non podemos permanecer en silencio” fronte a unha violación palmaria dos dereitos humanos por parte do Estado de Israel. Sinalou que “dende os nosos territorios temos tamén unha responsabilidade ética coa denuncia da barbarie, o apoio á legalidade internacional e a defensa da dignidade humana”.

 

Engadiu que “a única solución que pode acadar unha paz estable e duradeira pasa polo recoñecemento dos 2 estados”, e un Estado Palestino con fronteiras recoñecidas que conteña Gaza e Cisxordania, “con capacidade para exercer as súas funcións e que dote de dignidade a este pobo”.

 

Mobilización cidadá

 

Castro reclamoulle ao PP que atenda ao clamor cidadá en solidariedade coa poboación palestina, como amosaron o pasado sábado nunha mobilización en rexeitamento do goberno israelí. Na cidade de Pontevedra, sinalou, “centos de persoas anónimas sen bandeiras políticas unímonos movidos pola plataforma Parar la Guerra”.

 

A responsable socialista reclamou hoxe o cese inmediato da violencia contra o pobo palestino por parte de Israel, que xa causou máis de 54.000 mortes, entre elas máis de 16.200 nenos e nenas, e máis de 80.000 persoas feridas, e provocou máis de 1,9 millóns de desprazamentos forzosos, obrigando ao 85 por cento da poboación gazatí a abandonar os seus fogares.

 

Reclamou o cese inmediato da violencia, o respecto ao dereito internacional, que permitan a chegada de axuda humanitaria, o recoñecemento do Estado palestino e esixirlle a Israel o cumprimento das obrigas internacionais e o acceso á axuda humanitaria e o respecto aos dereitos humanos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG entrega este domingo en Ourense os VII Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez a Fademur Galicia e á investigadora Aurora Marco

O partido presentará en todos os concellos galegos unha moción para que a mestra Maruja…

04/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro a Rueda: “Ao mesmo tempo que vostede pedía eleccións para derrubar ao goberno, Pedro Sánchez traballaba para traer SAIC e emprego a Galicia”

O líder dos socialistas galegos reclámalle ao presidente da Xunta que “deixe a hipocrisía a…

03/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda que deixe de castigar aos concellos onde non goberna o PP e dote a Valdoviño do instituto que require o seu crecemento demográfico

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE pide a Rueda que levante o veto á reunión solicitada…

30/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a Xunta se nega a explicar o sistema “falaz” de cómputo de listas de espera sanitarias

Julio Torrado esíxelle ao xerente do Sergas que explique se unha espera de 9 meses…

28/05/2026
  • Actualidade

O Grupo socialista denuncia que a Xunta reduce as axudas para a contratación de mulleres de 7 a 2,5 millóns de euros

Carmen R. Dacosta lembra que as mulleres cobran de media 4.300 euros menos ao ano…

28/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia un “fraude de lei” por parte da CSAG ao contratar persoal á marxe do establecido no convenio e na normativa

Silvia Longueira alertou de que a antiga CRTVG está utilizando unha modalidade excepcional, a contratación…

28/05/2026