Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista rianxeiro: “Ese xeito de facer cultura desfacendo a súa inserción no pasado non é un bo legado”

“Cal foi o orzamento e cales foron os obxectivos? Non coñecemos máis que unha xeneralidade”, censurou, e lamentou a nula transcendencia da iniciativa: “Vai quedar todo no soño dos xustos”

A portavoz socialista de Cultura no Parlamento galego, Silvia Longueira, criticou hoxe en comisión que o Goberno do PP use celebracións coma o recente Ano Castelao para “lavar o pasado”, de xeito que se relaciona co presente “cunha disonancia”. A deputada do PSdeG denunciou que nos eventos con motivo da efeméride esqueceuse que o político e artista rianxeiro “tiña unha ideoloxía”, co fin de que esta quedara “esvaecida”.

“Ese xeito de facer cultura desfacendo a súa inserción no pasado non é un bo legado”, sinalou Longueira, que advertiu dunha “desideoloxización a través do tempo” respecto da figura do intelectual. “Recrearon o personaxe e non falaron do home”, engadiu.

A parlamentaria socialista censurou, por outra banda, a falta de información acerca da propia organización do Ano Castelao. “Cal foi o orzamento e cales foron os obxectivos que se marcaron?”, preguntouse para, a continuación, asegurar: “Non coñecemos máis que unha xeneralidade”. “É moi difícil avaliar o resultado sen coñecelo”, explicou.

Silvia Longueira tamén mostrou o seu desacordo co enfoque da celebración, que se desenvolveu arredor dunha “serie de exposicións, cátedra, accións diversas…”, actividades que viñeron encher espazos “que a Consellería de Cultura xa ocupa habitualmente”. Nese senso, afirmou que non se organizou un programa a maiores. “Iso non é unha celebración do Ano Castelao, non é a posta en valor dun legado”, insistiu. 

“Celebrar as efemérides está ben, pero a vida non se constrúe só de efemérides; tamén é o día a día”, criticou Longueira respecto da falta de transcendencia da iniciativa. “O programa didáctico non é de recibo, as exposicións foron unhas máis, non algo especial, e o esforzo que din que se fixo vai quedar todo no soño dos xustos”, advertiu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG urxe á Xunta a impulsar unha estratexia galega de saúde das mulleres con perspectiva de xénero

Os socialistas propoñen mellorar o diagnóstico de enfermidades infradiagnosticadas nas mulleres, impulsar a investigación biomédica…

07/03/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro denuncia a inoperancia da Xunta en rehabilitación de vivenda: “O plan Rexurbe fai de todo menos rexurdir”

O secretario xeral do PSdeG criticou en Tui que os catro inmobles que o IGVS…

07/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG advirte da “nefasta política industrial” de Rueda: baixa execución, cero planificación e “o gran engano de Altri”

Patricia Iglesias insistiu en reclamar o “memorando secreto” asinado entre a pasteira e a sociedade…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica a xestión do Igape “continuísta” por parte do PP, que “fracasa no impulso do salto estrutural que precisa a industria galega”

Patricia Iglesias alerta de que Galicia medra menos que España e reduce a produtividade, e…

06/03/2026
  • Actualidade

Besteiro propón no Parlamento unha declaración institucional en defensa da paz e do dereito internacional: “Non á guerra”

O líder socialista traslada aos grupos parlamentarios unha proposta para que a Cámara galega reclame…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a presentar canto antes o II Plan Galego contra a Trata, que acumula un ano de retraso

Paloma Castro reclámalle ao goberno galego que elimine as trabas administrativas que exclúen á maioría…

05/03/2026