Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica que a sociedade ‘fake’ Recursos de Galicia incumpriu tódolos obxectivos “agás o de eludir o control público”

Patricia Iglesias ofrece un acordo de país en materia de transición enerxética e mineira para superar a falta de planificación estratéxica das renovables e a minería e a “inseguridade xurídica insoportable” no desenvolvemento eólico provocados pola Xunta

 

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, acusou ao goberno galego de constituír ás sociedades Impulsa e Recursos de Galicia como entidades ‘fake’ para eludir o control público, como ten constatado estes días o Consello de Contas. Iglesias presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria do Parlamento para reclamarlle ao goberno galego que responda do fracaso destas entidades.

 

Explicou que logo de dous anos despois da súa constitución non cumpriron “ningún dos obxectivos” previstos, entre eles o anuncio do CEO de Recursos de Galicia, que en xuño pasado comprometía a constitución dunha comercializadora de enerxía galega. Criticou que a entidade é “un híbrido sen control público que quere xogar no mercado enerxético, cando todos sabemos que nin vai ser pública, nin vai ser social, nin tampouco lle vai abaratar a luz a tódolos galegos e galegas”.

 

A responsable socialista lamentou que o único obxectivo que si que acadou o goberno galego foi o de eludir o control público, tal e como constatou o Consello de Contas no informe presentado hai unha semana. Denunciou que o goberno galego empregue ás entidades para substituír a xestión dos recursos públicos, privatizando un recurso esencial “porque desconfían do público” e empregan ‘chiringuitos’ sen control público para eludir o control público e non render contas.

 

Pacto de país

 

Patricia Iglesias interveu tamén na comparecencia do director xeral de Planificación Enerxética e Minas, na que a parlamentaria socialista lembrou a proposta dun pacto de país para a transición enerxética e minas. Emprazou á Xunta a secundar o acordo proposto polo PSdeG para superar a falla de planificación estratéxica nas renovables e a minería e a “inseguridade xurídica insoportable” no desenvolvemento eólico logo de 16 anos de xestión desastrosa por parte do goberno galego.

 

A parlamentaria socialista emprazou á Xunta a aproveitar a oportunidade aberta polo Plan de Recuperación do Goberno de España, que garantiu que Galicia sexa a sexta Comunidade Autónoma que máis fondos europeos reciba, con 3.800 millóns de euros.

 

Subliñou que “é urxente que comecen a facer política enerxética e dos recursos naturais en maiúsculas, lonxe de improvisacións” que teñen sumido ao sector eólico no caos logo de 16 anos de tempo perdido que fixeron que Galicia pasara de primeira potencia eólica á cuarta, mentres o sector mineiro padece a falla de control e de planificación do goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

COMUNICADO PSdeG

En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto…

10/12/2025
  • Actualidade

Lara Méndez sinala que as informacións sobre o presunto acoso sexual en Lugo producen “tristeza” e “repugnancia” e anuncia un pronunciamento contundente do PSdeG

A viceportavoz segunda do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, comezou a intervención…

10/12/2025
  • Secretaría Xeral

O PSdeG reúne apoios de federacións e agrupacións do PSOE e da UGT de toda España para que o Concello de Ferrol coloque a placa de Pablo Iglesias no lugar que merece

Os secretarios xerais galego e ferrolán participarán mañá en Madrid nos actos con motivo do…

08/12/2025
  • Actualidade

A Xunta volve incumprir a obriga legal de aprobar o Pladiga antes do 31 de outubro

Carmen R. Dacosta lamenta que o goberno galego “segue sen ter aprendido nada” da vaga…

08/12/2025
  • Actualidade

Patricia Iglesias: “Galicia volve liderar o retroceso industrial en España pola incompetencia da Xunta e a ausencia dunha estratexia real”

Desde o Grupo Socialista reclámase un cambio radical de enfoque: Galicia debe integrar a universidade,…

07/12/2025
  • Actualidade

O PSdeG reclama a Rueda explicacións polo desequilibrio na Policía Autonómica: 20 axentes para a súa escolta e só 13 para vítimas de violencia machista

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Paloma Castro, reitera a petición de comparecencia urxente…

05/12/2025